21.12.08

Revista Vaidaí

Ola a todos!
Acaba de saír o seguinte número da revista VAIDAÍ . Esperamos que vos guste e que haxa moitas colaboracións para o seguinte número.

17.12.08

Escolma de fotos para o concurso


Axiña saberemos cal gañará...

13.12.08

O Consello de Europa aposta pola inmersión lingüística

O Consello de Europa aposta pola inmersión lingüística. Calificou de "insactifactoria" a situación do galego no ensino de Gslicia, polo que insta ó goberno a realizar melloras na introducción do galego no sistema educativo. Se te interesa ver este tema más ampliado, podes velo nun artigo de A Nosa Terra.

9.12.08

Creación dunha coordinadora de ENDL no Barbanza

Vemos que pouco a pouco vanse creando novas asociacións de equipos de Normalización. O noso centro pertence, como xa sabedes, á coordinadora de Ferrol, é interesante ver que se están a crear outros equipos en Galicia, así que damos a benvida ó Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do Barbanza.
Podemos ler unha entrevista ó seu presidente Miguel Louzao

Manuel Rivas no Cultur.gal


...e Xoán Abeal, Xoán Abeleira, Xavier Alcalá, Marilar Aleixandre, Fran Alonso, Lino Braxe, Carlos Caetano Biscaínho Fernandes, Marcos S. Calveiro, Yolanda Castaño, Francisco Castro, Xabier P. Docampo, Estíbaliz Espinosa, Eduardo Estévez, Marcelino Fernández Mallo, Francisco X. Fernández Naval, Camilo Franco, Pilar García Negro, Bieito Iglesias, Santiago Jaureguizar, María do Carme Kruckemberg, Rafael Lema, Xulio López Valcárcel, Manuel Lourenzo, Xosé Manuel Martínez Oca, Xosé Luís Martínez Pereiro, Miguel Anxo Mato Fondo, César Morán, Carlos Negro, Suso Pensado, Victorino Pérez Prieto, Gustavo Pernas, Henrique Rabuñal, Antonio Reigosa, María Reimóndez, Antón Reixa, Henrique Rivadulla, Xosé Manuel Sánchez Rei, Xavier Seoane, Xurxo Souto, Chelo Suárez, Alberte Suras, Nacho Taibo, Xosé Vázquez Pintor e Eva Veiga. Todos eles pasaron durante o Culturgal polo espazo da Asociación de Escritores en Lingua Galega e contáronnos o que estaban a facer na actualidade. Podedes acceder a todos os vídeos visitando a canle da AELG en YouTube.
Grazas a Días Estranhos

5.12.08

Em Portugués...música

Madredeus "Haja o que houver"

Caetano Veloso
Misia
Tribalistas
Sétima legiao

Cultur.gal na Coruña

O Cultur.gal é unha oportunidade única para todas aquelas persoas que queiran coñecer a oferta cultural do país en todos os ámbitos O Cultur.gal é a Feira Galega das Industrias Culturais, a feira de todas aquelas empresas e entidades que crean, distribúen, promocionan e ofrecen produtos e servizos relacionados coa cultura en Galiza e que llelos queren achegar á cidadanía.

Con ela preténdese darlle visibilidade á oferta cultural do país, nas súas diferentes versións, soportes e sectores, nun espazo onde as industrias culturais galegas poden presentar, amosar, promocionar, difundir e vender os seus produtos e servizos.

Neste 2008, a Feira Galega das Industrias Culturais terá lugar durante catro días, do xoves 4 ao domingo 7 de decembro, no Palacio de Exposicións e Congresos da Coruña (Palexco). Está organizada pola Consellería de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia e conta coa colaboración de diversas entidades dos diferentes sectores.
Descarga o dossier de cultur.gal

corrector gramatial Golfiño

Golfiño é un corrector gramatial para Open Office. Este corrector segue as últimas normas ortográficas, así que pode resultar moi útil.

curso de portugués para galegos

Aquí temos un curso de portugués pensado para nós; é un curso entretido e interesante, anímate a seguilo.
Se che interesa, preme aquí

4.12.08

diversos estilos musicais:rap,hip-hop..

Nesta páxina podes acceder a distintos estilos musicais, tamén podes baixar música xa que é gratis.
Se te interesa consultala, preme aquí

2.12.08

música en galego

Rosa Cedrón, "Entre dous mares".
Se premes aquí, terás a Rosa cantando unha canción deste novo disco
Luar na lubre, "Hai un paraíso" .
Se queres escoitar un concerto, preme aquí
Mercedes Peón, "Ajru"
"Sihá"
Se queres escoitar parte dun concerto de Mercedes, preme aquí
Fuxan os ventos, "Fuxan os ventos, Sementeira, O tequeleteque"
Malvela, "Da miña xanela á túa" .
Se queres escoitar "o pipiripín" de Malvela, preme aquí
Tanxedoras, "Tanxedoras" .
Se queres escoitar falando do seu novo traballo a este grupo, preme aquí
Abe Rábade Quartet, "O pranto de Rosalía de Castro en Chave de Jazz"
Pedro Pintos Rodríguez, "Sons de metal".
Música de compositores galegos, "Presenzas e ausencias".

1.12.08

reunión de Normalización, día 1 decembro

O día 1 de decembro no 1º recreo celebrouse unha reunión de normalización na sala de xuntas; a convocatoria para dita reunión colocouse na sala de profesores o día 27 de novembro .
Orde do día:
-Revista.
-Reunión de Normalización ferrol
-Calquera outro tema que se desexe tratar.
Á reunión asistiron Rodrigo e Consuelo.

21.11.08

fotos para a realización do calendario



Estas fotos foron realizadas por Noelia Gado no río Belelle.















-------------------------------------------------------------------------------------------------



Estas fotos foron feitas por Brianda

García, 1º bach.















-------------------------------------------------------------------------------------------------



Fotos da zona de Naharío presentadas por Alejandra Avendaño





















-------------------------------------------------------------------------------------------------


David Hermida enviou tamén unas estupendas fotos, aquí temos unha mostra







-------------------------------------------------------------------------------------------------




Esta foto foto foi realizada nos arredores do instituto por Santiago Rodríguez, Nótase a súa inclinación polas motos.



fotos para a realización do calendario


Estas fotos foron presentadas por Jénifer Casal para o concurso de fotografía.
As fotografías son de Viladonelle
Nesta primeira foto vemos un primeiro plano da flora da zona.

20.11.08

Scrabble en galego

A AS-PG vén de crear un xogo semellante ó scrabble, déronlle o nome de Scrabble.gz. O xogo consiste en crear palabras entrelazadas, como se dun encrucillado se tratar. Se queres xogar preme aquí

19.11.08

Primeiro tradutor automático galego-inglés





O Clube Internacional de Prensa de Santiago de Compostela acollerá hoxe a presentación de Opentrad, o primeiro prototipo de tradutor automático de asimilación inglés-galego-inglés, froito da investigación do consorcio Opentrad. Diego Vázquez, director de marketing da firma Imaxin Software, e José Ramom Pichel, director da área de tecnoloxía lingüística e responsable do proxecto, serán os encargados de dar conta da nova ferramenta lingüística, que se converte en pioneira en Galiza
A versión en galego de Opentrad únese aos 26 pares de idiomas xa existentes e desenvolvidos polo consorcio -a listaxe completa pode consultarse aquí

14.11.08

orella pendella

Esta páxina recolle e difunde na rede cancións infantís, trabalinguas e xogos orais tradicionais.
Para consultar, preme aquí

11.11.08

O galego na liturxia

A presenza da lingua galega nos actos litúrxicos é realmente escasa malia a actidude favorable dunha grande parte dos fregueses cara a lingua galega. Desexariamos que esta situación cambiase e a presenza do galego fose impulsada tamén dende o púlpito, xa que isto axustaríase máis á situación real dos fregueses galegos.
Para máis información pulse aquíConsuelo

29.10.08

Percurso a San Sadurniño

Ola!
A Coordenadora de Equipas de Normalización de Ferrol organiza un Percurso a San Sadurniño. Toda a información podedes atopala neste blog: tedes que picar onde pon Normalización Ferrol (arriba e á dereita da páxina principal do blog)e alí ir onde pon as actividades. Tamén tedes a información no taboleiro de Normalización do centro e nas aulas.
Se alguén desexa facer esta excursión ou ten algunha dúbida , pode falar con Consuelo.
Consuelo

Concurso: Fotografía dixital para realizar o calendario

O equipo de Normalización Lingüística convoca un concurso de fografía para realizar o calendario 2009 coas seguintes bases:
- Tema e técnica: A técnica é fotografía dixital cunha resolución mínima de 72 ppp. As fotografías deberán presentarse en formato JPEG. Admítense fotografías retocadas e montaxes.
O tema da fotografía é "O teu entorno", é dicir, as imaxes deben presentar obxectos ou escenas do entorno cotián do participante, indicando o lugar onde foi tomada a instantánea.
-Participación: Poden participar todo o alumnado do centro.Cada participante pode presentar ata un máximo de tres fotografías.
- Forma e prazo de presentación: As imaxes pódense presentar en CD ou calquera outro soporte dixital. Para entregalas, falade con Miguel Anxo (profesor de Plástica). en caso de presentalas en lapis de memoria USB, falade con Miguel Anxo para que o descargue. Tamén poden enviarse ó seguinte correo electrónico: nlfernanesquio@hotmail.com.
A data límite de entrega será o 15 de novembro.
- Premios: Un xurado, composto por membros do equipo de Normalización, decidirá quen son os finalistas e o gañador. As fotografías finalistas formarán parte do calendario oficial do ENL do ano 2009. A fotografía gañadora será premiada cun vale por material escolar por impote de 20 euros.

Para calquera dúbida ou consulta falade con Consuelo ou Miguel Anxo.
A participación neste consurso supón a aceptación destas bases.

Consuelo

27.10.08

Samaín


A noite do 31 de outubro comeza o ano novo celta e a súa festa en honor dos defuntos, marcando a transición do outono ó inverno, nesta noite, un pobo con fondas crenzas relixiosas relacionadas coa inmortalidade da alma, provintes da noite dos tempos, cunha preocupación natural polos queridos defuntos expostos ao frío e á escuridade do inverno, á intemperie e á tristura dos camposantos, buscou, e encontrou un mecanismo de reparación: preparando alimentos e agasallos os parentes vivos, para os parentes mortos, sería posible que as ánimas dos parentes finados voltasen a visitar ás súas familias e ás súas vellas casas para comer nas mesas e para quentarse ao carón do lume da lareira.

Estacións do ano celta

O ano celta estaba organizado arredor de catro festas principais. As festas repartíanse tendo en conta a súa natureza e significado orixinal: dúas delas estarían asociadas á apertura e peche das estacións:

Samain, 1 de novembro, comezo do inverno, a estación sombría


Beltain, 1 de maio, o comezo do verán

Había outra celebración central, de equilibrio:

Lugnasad, 1 de agosto, coincidindo coa recollida dos froitos

E unha última festa arcaica, que podería relacionarse co cumprimento dunha cerimonia obrigatoria:

Imbolc, 1 de febreiro, cristianizada posteriormente.


O samain
A antiga festividade céltica do samain foi habitualmente descrita como unha comuñón cos espíritos dos defuntos que, nesta data, terían autorización para camiñar entre os vivos. Abríanse as portas entre este mundo e o máis aló, dándolle á xente a posibilidade de reunirse cos seus antepasados mortos.

A festa do samain, a máis importante do período precristián, marcaba para os celtas o comezo dun novo ano. Nesa data prendíanse lumes sagrados frotando pólas de serbal e teixo. Con esta cacharela inicial alimentábanse as lareiras de todas as casas.

Polo samain era costume baleirar nabos de grande tamaño –posteriormente cabazas- para porlles dentro candeas. Varios séculos despois esta tradición –que se mantén aínda en Galicia- ten continuidade nas festas de Halloween, que poderían ter exportado aos Estados Unidos os irlandeses no século XIX e comezos do XX.

Fonte:Xuve Curtis

24.10.08

17.10.08

reunión

Ola!
O próximo martes, día 21, no segundo recreo na sala de xuntas reunirémonos para tratar os seguintes temas:
1.- Actividades propostas pola Coordinadora de Ferrol.
2.- Blog de Normalización.
3.- Consurso de fotografía para facer o calendario.
4.- Calquera outro tema do que desexedes falar.
Consuelo

14.10.08

Taller de rock

Ola!
Informamos de que o "taller de rock" xa está en marcha; pero se alguén quere a puntarse ou pedir calquera información, aínda está a tempo. Podedes falar con Miguel Anxo e el contestará a calquera dúbida que teñades.
consuelo