29.10.08

Percurso a San Sadurniño

Ola!
A Coordenadora de Equipas de Normalización de Ferrol organiza un Percurso a San Sadurniño. Toda a información podedes atopala neste blog: tedes que picar onde pon Normalización Ferrol (arriba e á dereita da páxina principal do blog)e alí ir onde pon as actividades. Tamén tedes a información no taboleiro de Normalización do centro e nas aulas.
Se alguén desexa facer esta excursión ou ten algunha dúbida , pode falar con Consuelo.
Consuelo

Concurso: Fotografía dixital para realizar o calendario

O equipo de Normalización Lingüística convoca un concurso de fografía para realizar o calendario 2009 coas seguintes bases:
- Tema e técnica: A técnica é fotografía dixital cunha resolución mínima de 72 ppp. As fotografías deberán presentarse en formato JPEG. Admítense fotografías retocadas e montaxes.
O tema da fotografía é "O teu entorno", é dicir, as imaxes deben presentar obxectos ou escenas do entorno cotián do participante, indicando o lugar onde foi tomada a instantánea.
-Participación: Poden participar todo o alumnado do centro.Cada participante pode presentar ata un máximo de tres fotografías.
- Forma e prazo de presentación: As imaxes pódense presentar en CD ou calquera outro soporte dixital. Para entregalas, falade con Miguel Anxo (profesor de Plástica). en caso de presentalas en lapis de memoria USB, falade con Miguel Anxo para que o descargue. Tamén poden enviarse ó seguinte correo electrónico: nlfernanesquio@hotmail.com.
A data límite de entrega será o 15 de novembro.
- Premios: Un xurado, composto por membros do equipo de Normalización, decidirá quen son os finalistas e o gañador. As fotografías finalistas formarán parte do calendario oficial do ENL do ano 2009. A fotografía gañadora será premiada cun vale por material escolar por impote de 20 euros.

Para calquera dúbida ou consulta falade con Consuelo ou Miguel Anxo.
A participación neste consurso supón a aceptación destas bases.

Consuelo

27.10.08

Samaín


A noite do 31 de outubro comeza o ano novo celta e a súa festa en honor dos defuntos, marcando a transición do outono ó inverno, nesta noite, un pobo con fondas crenzas relixiosas relacionadas coa inmortalidade da alma, provintes da noite dos tempos, cunha preocupación natural polos queridos defuntos expostos ao frío e á escuridade do inverno, á intemperie e á tristura dos camposantos, buscou, e encontrou un mecanismo de reparación: preparando alimentos e agasallos os parentes vivos, para os parentes mortos, sería posible que as ánimas dos parentes finados voltasen a visitar ás súas familias e ás súas vellas casas para comer nas mesas e para quentarse ao carón do lume da lareira.

Estacións do ano celta

O ano celta estaba organizado arredor de catro festas principais. As festas repartíanse tendo en conta a súa natureza e significado orixinal: dúas delas estarían asociadas á apertura e peche das estacións:

Samain, 1 de novembro, comezo do inverno, a estación sombría


Beltain, 1 de maio, o comezo do verán

Había outra celebración central, de equilibrio:

Lugnasad, 1 de agosto, coincidindo coa recollida dos froitos

E unha última festa arcaica, que podería relacionarse co cumprimento dunha cerimonia obrigatoria:

Imbolc, 1 de febreiro, cristianizada posteriormente.


O samain
A antiga festividade céltica do samain foi habitualmente descrita como unha comuñón cos espíritos dos defuntos que, nesta data, terían autorización para camiñar entre os vivos. Abríanse as portas entre este mundo e o máis aló, dándolle á xente a posibilidade de reunirse cos seus antepasados mortos.

A festa do samain, a máis importante do período precristián, marcaba para os celtas o comezo dun novo ano. Nesa data prendíanse lumes sagrados frotando pólas de serbal e teixo. Con esta cacharela inicial alimentábanse as lareiras de todas as casas.

Polo samain era costume baleirar nabos de grande tamaño –posteriormente cabazas- para porlles dentro candeas. Varios séculos despois esta tradición –que se mantén aínda en Galicia- ten continuidade nas festas de Halloween, que poderían ter exportado aos Estados Unidos os irlandeses no século XIX e comezos do XX.

Fonte:Xuve Curtis

24.10.08

17.10.08

reunión

Ola!
O próximo martes, día 21, no segundo recreo na sala de xuntas reunirémonos para tratar os seguintes temas:
1.- Actividades propostas pola Coordinadora de Ferrol.
2.- Blog de Normalización.
3.- Consurso de fotografía para facer o calendario.
4.- Calquera outro tema do que desexedes falar.
Consuelo

14.10.08

Taller de rock

Ola!
Informamos de que o "taller de rock" xa está en marcha; pero se alguén quere a puntarse ou pedir calquera información, aínda está a tempo. Podedes falar con Miguel Anxo e el contestará a calquera dúbida que teñades.
consuelo