21.12.08

Revista Vaidaí

Ola a todos!
Acaba de saír o seguinte número da revista VAIDAÍ . Esperamos que vos guste e que haxa moitas colaboracións para o seguinte número.

17.12.08

Escolma de fotos para o concurso


Axiña saberemos cal gañará...

13.12.08

O Consello de Europa aposta pola inmersión lingüística

O Consello de Europa aposta pola inmersión lingüística. Calificou de "insactifactoria" a situación do galego no ensino de Gslicia, polo que insta ó goberno a realizar melloras na introducción do galego no sistema educativo. Se te interesa ver este tema más ampliado, podes velo nun artigo de A Nosa Terra.

9.12.08

Creación dunha coordinadora de ENDL no Barbanza

Vemos que pouco a pouco vanse creando novas asociacións de equipos de Normalización. O noso centro pertence, como xa sabedes, á coordinadora de Ferrol, é interesante ver que se están a crear outros equipos en Galicia, así que damos a benvida ó Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do Barbanza.
Podemos ler unha entrevista ó seu presidente Miguel Louzao

Manuel Rivas no Cultur.gal


...e Xoán Abeal, Xoán Abeleira, Xavier Alcalá, Marilar Aleixandre, Fran Alonso, Lino Braxe, Carlos Caetano Biscaínho Fernandes, Marcos S. Calveiro, Yolanda Castaño, Francisco Castro, Xabier P. Docampo, Estíbaliz Espinosa, Eduardo Estévez, Marcelino Fernández Mallo, Francisco X. Fernández Naval, Camilo Franco, Pilar García Negro, Bieito Iglesias, Santiago Jaureguizar, María do Carme Kruckemberg, Rafael Lema, Xulio López Valcárcel, Manuel Lourenzo, Xosé Manuel Martínez Oca, Xosé Luís Martínez Pereiro, Miguel Anxo Mato Fondo, César Morán, Carlos Negro, Suso Pensado, Victorino Pérez Prieto, Gustavo Pernas, Henrique Rabuñal, Antonio Reigosa, María Reimóndez, Antón Reixa, Henrique Rivadulla, Xosé Manuel Sánchez Rei, Xavier Seoane, Xurxo Souto, Chelo Suárez, Alberte Suras, Nacho Taibo, Xosé Vázquez Pintor e Eva Veiga. Todos eles pasaron durante o Culturgal polo espazo da Asociación de Escritores en Lingua Galega e contáronnos o que estaban a facer na actualidade. Podedes acceder a todos os vídeos visitando a canle da AELG en YouTube.
Grazas a Días Estranhos

5.12.08

Em Portugués...música

Madredeus "Haja o que houver"

Caetano Veloso
Misia
Tribalistas
Sétima legiao

Cultur.gal na Coruña

O Cultur.gal é unha oportunidade única para todas aquelas persoas que queiran coñecer a oferta cultural do país en todos os ámbitos O Cultur.gal é a Feira Galega das Industrias Culturais, a feira de todas aquelas empresas e entidades que crean, distribúen, promocionan e ofrecen produtos e servizos relacionados coa cultura en Galiza e que llelos queren achegar á cidadanía.

Con ela preténdese darlle visibilidade á oferta cultural do país, nas súas diferentes versións, soportes e sectores, nun espazo onde as industrias culturais galegas poden presentar, amosar, promocionar, difundir e vender os seus produtos e servizos.

Neste 2008, a Feira Galega das Industrias Culturais terá lugar durante catro días, do xoves 4 ao domingo 7 de decembro, no Palacio de Exposicións e Congresos da Coruña (Palexco). Está organizada pola Consellería de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia e conta coa colaboración de diversas entidades dos diferentes sectores.
Descarga o dossier de cultur.gal

corrector gramatial Golfiño

Golfiño é un corrector gramatial para Open Office. Este corrector segue as últimas normas ortográficas, así que pode resultar moi útil.

curso de portugués para galegos

Aquí temos un curso de portugués pensado para nós; é un curso entretido e interesante, anímate a seguilo.
Se che interesa, preme aquí

4.12.08

diversos estilos musicais:rap,hip-hop..

Nesta páxina podes acceder a distintos estilos musicais, tamén podes baixar música xa que é gratis.
Se te interesa consultala, preme aquí

2.12.08

música en galego

Rosa Cedrón, "Entre dous mares".
Se premes aquí, terás a Rosa cantando unha canción deste novo disco
Luar na lubre, "Hai un paraíso" .
Se queres escoitar un concerto, preme aquí
Mercedes Peón, "Ajru"
"Sihá"
Se queres escoitar parte dun concerto de Mercedes, preme aquí
Fuxan os ventos, "Fuxan os ventos, Sementeira, O tequeleteque"
Malvela, "Da miña xanela á túa" .
Se queres escoitar "o pipiripín" de Malvela, preme aquí
Tanxedoras, "Tanxedoras" .
Se queres escoitar falando do seu novo traballo a este grupo, preme aquí
Abe Rábade Quartet, "O pranto de Rosalía de Castro en Chave de Jazz"
Pedro Pintos Rodríguez, "Sons de metal".
Música de compositores galegos, "Presenzas e ausencias".

1.12.08

reunión de Normalización, día 1 decembro

O día 1 de decembro no 1º recreo celebrouse unha reunión de normalización na sala de xuntas; a convocatoria para dita reunión colocouse na sala de profesores o día 27 de novembro .
Orde do día:
-Revista.
-Reunión de Normalización ferrol
-Calquera outro tema que se desexe tratar.
Á reunión asistiron Rodrigo e Consuelo.