19.12.09

Boas Festas para tod@s

11.12.09

Creación de Superhéroes Galegos

Centoloman xa é un cómic


Anímaste a crear un?

2.12.09

XVI XORNADA MULTIMEDIA INTERESCOLAR PONTE NAS ONDAS



O idioma é o tempo, é a voz dos avós A fala. Manuel María

Non ha morrer a fala que herdamos dos avós, e se un día morrer xa non seremos nós. Darío Xohán Cabana

A Asociación Cultural e Pedagóxica Ponte…nas ondas! convoca a
XVI edición da xornada multimedia de comunicación interescolar que terá
lugar no mes de abril de 2010 coincidindo co Congreso que sobre os 15 anos
de Ponte...nas ondas! se realizará nesa data.

Dende o ano 1995, Ponte...nas ondas!, a experiencia de comunicación que
se ergueu nas beiras do Miño, foi evolucionando e incorporando novas
aportacións, tanto nos seus contidos como nos seus formatos. Dende unha
primeira ponte, exclusivamente radiofónica, chegamos a esta XVI edición que
vai ser realizada a través de Internet con programas de audio e vídeo, nunha
xornada de comunicación que xirará arredor do tema:

O TESOURO DOS AVÓS

É evidente que os avós constitúen, na sociedade actual, o elo fundamental da
cadea de transmisión do patrimonio cultural que conforma a nosa identidade.
Ademais, o contacto interxeracional representa un modelo de convivencia
enriquecedor e beneficioso para a formación do alumnado.
Por iso, propomos ás escolas e institutos que constrúan unha ponte de
comunicación entre o alumnado e os seus avós: Queremos que descubran
os saberes que atesouran e que o reflictan nun programa audiovisual ou
radiofónico, valorando os seus coñecementos e fomentando as relacións entre
diferentes xeracións.
Isto permitirá, ademais da aprendizaxe, a recolla de expresións e
manifestacións deste patrimonio cultural como contos, lendas, cancións,
refráns, adiviñas, oficios, xogos, música, formas de vida, etc.
Deste xeito, dáse continuidade á proposta dos Tesouros Vivos, lanzada na
pasada edición de xuño de 2009, que promove a creación do Sistema dos
Tesouros Vivos da Eurorrexión Galiza-Norte de Portugal.

PARTICIPACIÓN :
Para formalizar a inscrición na XVI Xornada Multimedia Ponte...nas
ondas! do voso centro escolar enviade un correo electrónico coa ficha que se
acompaña cuberta antes do día 31 de decembro de 2009 a:

ondas@pontenasondas.org

Nome do centro_______________________________________________
Rúa:__________________________________________ Nº____________
Localidade______________CP_______Provincia_____________________
Correo-e do centro______________________________________________
Profesor/a responsable da actividade_______________________________
Correo-e da persoa responsable __________________________________

Unha vez inscrito, cada centro educativo realizará un programa, quer de radio ou de vídeo, sobre o tema “ O TESOURO DOS AVÓS”, que se propón para
esta edición. Os traballos serán enviados por correo electrónico antes do 19 de marzo de 2010.

Para participar, falade con Miguelanxo ou con Carmela

21.11.09

O galego ante a lei

Interesantísima intervención da maxistrada Ana lópez Suevos falando do status xurídico do galego e a necesidade de avances.
">

10.11.09

A terceira experiencia audiovisual do SGEP , a curta "Por nada", segue conseguindo premios

A curta de ficción, “Por nada” sobre a violencia xuvenil e o ciberacoso (ciberbulling), dirixida por Toni veiga e Dani de la Torre sobre un guión do propio Toni Veiga e de Manolo Dios, presidente do Seminario Galego de Educación para a Paz, realizada por Ficción Producciones, ven de recibir, por unanimidade, o Premio ó mellor guión no prestixioso festival de curtas “OctubreCorto” en Pamplona.
Por nada, de aproximadamente 15 minutos de duración, contou co asesoramento do Seminario Galego de Educación para a Paz e ademais da súa propia valía cinematográfica, ben recoñecida nos festivais que logo se relacionan, foi distribuído gratuitamente a tódolos colexios e institutos de Galicia como material de traballo didáctico na nova materia de Educación para a Cidadanía e os Dereitos Humanos e, de maneira especial, para abordar co alumnado de Secundaria e cos pais e nais, a conflitividade e a convivencia escolar, así como as consecuencias negativas dunha educación permisiva e superprotectora.
Por nada é a terceira experiencia audiovisual do SGEP logo de “En son de paz” e de “Cultura de Paz”.
Os Premios recibidos ata a data pola curta “Por nada” son os seguintes:
Seleccionado no Curtas 09 para distribución internacional.
Premio do xurado no Festival de Cans.
Premio do público no Festival de Cine de Astorga.
Gran Premio Galicia no Curtocircuito.
Premio ó mellor guión no Festival de Cine "Octubrecorto".
Podedes ver unha entrevista cos guionistas, Toni Veiga e Manolo Dios. Para visionar o vídeo

9.11.09

Espazos para falar

A Coordinadora de Ferrol comeza coa actividade de campaña de animación á lectura, dirixido a nenos e nenas de 0 a 8 anos, así como a seus pais. Para máis información pincha aquí

19.10.09

Himno galego

Como remate final da marcha en defensa do galego celebrada o día 8 de outubro en Santiago, tódolos presentes cantamos o Himno

EN DEFENSA DO GALEGO

O día 18 de outubro numerososos galegos preocupados pola situación actual do noso idioma acudimos a Santiago baixo a consigna "queremos galego

29.9.09

Marisa Monte e Julieta Venegas a dúas línguas

En galego de película

Este ano, como tódolos anos, continuamos coa actividade de En galego de película, promovida pola coordinadora de Ferrol

manifestación o 18 de outubro


Para máis información accede á páxina de Normalización de Ferrol

Taller de rock


Ola a todos!
Como tódolos anos , comeza o taller de rock. Esta actividade é ofertada por Normalización e será dirixida, como sempre, polo profesor de debuxo Miguel Anxo. Así que , se che gusta a música, xa sabes..........anímate a participar no taller

9.6.09

Ata logho amigos, tres, dous, un, partíu


A MARCHA DE XURXO SOUTO
A música galega, pechada por reformas?

Resposta das CGENDL ó inquérito


CARTA-PRESENTACIÓN DO TRÍPTICO INFORMATIVO DA CGENDL
Os membros da CGENDL, docentes que traballamos nos colexios e institutos no día a día e que,polo tanto, coñecemos a realidade dos centros e a súa situación lingüística, vemos con moita preocupación o problema xerado nos últimos tempos arredor da presenza das linguas no ensino, que derivou nunha confrontación aberta arredor dun ben común que nos tiña que unir, a lingua galega.Consideramos que a convivencia do galego e o castelán non ten que ser un problema senón unha vantaxe, unha oportunidade para a nosa sociedade. Algo que todos os estudos, e que o sentido común da inmensa maioría da poboación galega avala, vén sendo perigosamente interpretado dende determinados sectores políticos. E máis perigoso é que se trasladen ós centros de ensino problemas que non atenden a razóns pedagóxicas, abocándonos cara a un escenario de lamentable confrontación social.
Ademais pensamos que dende unha perspectiva pedagóxica todos os implicados no ensino
deberiamos centrarnos en conseguir que os nenos e nenas sexan igualmente competentes en galego e castelán. Polo tanto, o debate que se ten que abrir é precisamente este: que medidas temos que adoptar para conseguir que os rapaces e rapazas dominen plenamente as dúas linguas, tal e como establece a LOE.
Neste contexto elaboramos un tríptico destinado ás familias que é o que hoxe presentamos, e que se vai distribuír na medida das nosas limitadísimas posibilidades. Por que este tríptico? porque parece que hai que volver recordar que o galego é a lingua propia de Galicia; que nos pertence a todos e todas e non podemos xogar co seu futuro, porque intereses políticos, que non educativos, veñen de crear un problema no ensino arredor das dúas linguas oficiais que pode derivar nunha perigosa fractura social, polo tanto COMO DOCENTES pensamos que debemos ofrecer información rigorosa sobre a aprendizaxe de linguas baseada en estudos científicos que se fixeron tanto dentro coma fóra da nosa comunidade.
E dito isto, queremos insistir en:
a. é unha sorte, non é unha desgraza, que a nosa comunidade conte cunha lingua milenaria, que nos debe unir. Polo tanto non se debe permitir que triunfe a idea de que o galego é un obstáculo para os estudantes, mantendo vellos prexuízos que no século XXI deberían estar plenamente superados, pero que pretenden manter relegada a lingua galega nun lugar secundario na sociedade.
b. se é evidente que para mellorar a competencia en lingua inglesa é necesario que se impartan en inglés determinadas materias, a sociedade galega debe asumir tamén o mesmo para a lingua galega, é dicir, que para saber galego é necesario “aprender en galego”.
c. o galego segue a ser unha lingua minorizada na nosa comunidade e polo tanto necesita unha discriminación positiva tanto dentro coma fóra do ensino.
Estes parécennos motivos suficientes e razoables para difundir este tríptico entre as familias e a sociedade galega en xeral. Polo tanto, está á disposición de todos aqueles ENDL, ANPAS, direccións de centros ou calquera persoa da comunidade educativa ou relacionada co mundo do ensino, e mesmo da sociedade en xeral, que queira difundilo.
BREVE VALORACIÓN DA ENQUISA DA CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN
A enquisa que a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria pensa distribuír esta mesma semana entre as familias a través dos centros educativos é pouco rigorosa e mostra un grande descoñecemento tanto da sociolingüística coma do mundo do ensino, o que nos parece aínda máis grave.
Por poñer un exemplo, non existen materias troncais no ensino non universitario, esta é unha terminoloxía do ensino universitario. Polo tanto, o señor Conselleiro debería saber que o que hai son materias obrigatorias e optativas, propias de modalidade ou non. É así que non vén a conto empregar o termo “troncais” porque non hai unhas materias máis importantes ca outras, todas teñen unha misión educativa global.
Centrándonos na cuestión da análise sociolingüística, nunha breve análise podemos observar:
1. En qué documento, lexislación, tratado, artigo ou normativa aparece recollido o dereito a escolleren os pais a lingua da docencia dos fillos? Porque si existen moitos outros dereitos que as persoas, na maior parte dos casos, non poden exercer, por exemplo o dereito a seren atendidas en galego na Xunta de Galicia cando o soliciten.
2. Estase preguntando sobre un dereito, “o dereito de coñecer o galego”, fallando na metodoloxía,porque tal e como están presentadas as preguntas non fai falta ser moi experto para darse conta de que o que se extraia de aí non pode valer para moito e menos para facer un novo decreto. Porque? Nas opcións de resposta vemos:
· “todo en galego” que non se refire a todo o ensino en galego, senón a tódalas materias, que na
enquisa se denomina troncais, en galego.
· “a maioría en galego” (que é a maioría?: o 52% ou o 95%?),
· “unhas en galego e outras en castelán”, a xente pode pensar que esta é a mellor resposta porque
indicaría o 50% e iso non é certo. Se queremos que o 50% do ensino estea en galego hai que
contestar “todas en galego” que é o que marca o actual decreto.
3. Tampouco é fiable xa que non presenta as mínimas garantías de calquera consulta para que os resultados sexan cribles. O universo da investigación parece que vai ser todo, pero, como o van garantir?
· A cantos pais lles vai chegar? Nestas alturas de curso, como van facer para que o alumnado entregue na casa a enquisa e a traia de volta no prazo duns días. Ademais, como van asegurar que a enquisa a van contestar os pais que deban facelo?

5.6.09

Inquérito da xunta sobre o galego na educación

Así son as preguntas que enviará a Xunta aos pais. O Conselleiro de Educación, Xesús Vázquez, presentóu os cuestionarios que enviará a 330.000 familias a partir da próxima semana.O cuestionario comezará a repartirse aos cativos nas escolas a partir do próximo venres. Son voluntarios e anónimos.A responsabilidade de custodiar os sobres e garantir que non se falsean recae nos equipos directivos dos centros. O reconto farao a propia Consellería de Educación.
Máis información na rede
GZnación
GaliciaÉ (CIG ensino)
La Voz de Galicia
Xornal.com
Faro de Vigo
Os Equipos de Normalización alertan do perigo dunha fractura social;
Vieiros: Galiza Hoxe - Edición xeral
A coordenadora de docentes vai distribuir milleiros de dípticos en 500 centros públicos e concertados para que os pais teñan información con criterior pedagóxicos para cubrir as enquisas de Educación.
A CIG anuncia un recurso administrativo contra as enquisas que prepara Educación
Vieiros: Galiza Hoxe - Edición xeral
O sindicato presentou un escrito na consellaría denunciando que a consulta vulnera a Lei de Procedemento Administrativo.

4.6.09

Ponte nas ondas

/>

3.6.09

Teatro

Estíbaliz Espinosa

estíbaliz

No mes de marzo, como xa anunciamos, comezou o obradoiro de literatura impartido pola escritora Estíbaliz Espinosa.
Memoria da actividade do obradoiro

Riveiro Coelho




Este mes de abril estivo con nós o escritor Antón Riveiro Coelho,aquí podedes ver algunhas fotos da súa visita ó noso centro.



a mocidade coa lingua



Como un ano máis imos participar na actividade de A mocidade coa lingua, promovida pola Coordinadora de Ferrol; este ano actuará o grupo de rock do noso instituto O ghaiteiro de Trashmonte. Actuará o día 19 de xuño no parque Raíña Sofía. Estaremos todos alí para animalos

29.5.09

situación da lingua


a nosa situación actual vista con humor

28.5.09

ARAGUAS , escritor de xubia, no Galicia Hoxe

Os máis perigosos son os galegos que desprezan a lingua

Novo diccionario francés-galego



Editado por Xerais, e con máis de 25 mil entradas de léxico, trátase do primeiro que recolle as correspondencias entre as dúas linguas.

O dicionario, o primeiro publicado de correspondencias entre o galego e o francés, está completamente actualizado á normativa ortográfica aprobada pola Real Academia Galega de 2003, completándose con senllos apéndices gramaticais, onde se recollen as conxugacións verbais francesa e galega, así como senllos prontuarios gramaticais de cada unha das linguas.

Editado por Xerais, foi preparado por Luís Castro Macía e Remedios Rodríguez Sánchez, e conta con 25.000 entradas do léxico estándar de cada unha das dúas linguas. En cada unha das entradas sinálase, ademais, a súa transcrición fonética, a súa categorización gramatical, a fraseoloxía de uso máis habitual, así como, cando fose necesario, a precisión da súa tradución. Con case mil páxinas, ten un prezo de 29 euros.

26.5.09

Deus que te crew

Temos aquí outra mostra de rap galego do grupo Dios que te creW

Deus que te crew

kizomba


aquí temos outra mostra de Kizomba de Cabo Verde

kizomba

frikis, bromas

frikis, bromas

Kizomba

Kizomba é un baile orixinario de Angola, Angola foi unha colonia portuguesa polo que as letras estaban en portugués. Este baile e música espalláronse por Cabo Verde e Brasil e as súas letras actualmente seguen estando en portugués.


24.5.09

Novas da Asociación Pedagóxica galega


1.- Un novo Xogo. A AS-PG publica na rede un novo xogo. O Xogo da Curuxa.
O xogo da Curuxa está baseado no xogo da oca. Consiste en lanzar o dado e ir movendo a ficha ao longo dun taboleiro en espiral formado por cadros, tendo algúns deles asociadas accións especiais como bonificacións ou castigos. A diferenza do xogo clásico, cando o/a xogador/a cae nun cadro deberá superar unha proba para poder ficar nel, evitar un castigo etc. Para gañar a partida é preciso chegar até o último cadro e superar a súa proba. A versión publicada é monousuario, mais para comezos do verán aparecerá a versión final que permitirá xogar entre varios xogadores.
2.- Comeza a IV Semana do libro e a lectrura en Carballo. Será inaugurada o domingo 24 de maio ás 12:30 no Pazo da Cultura

3.- Concerto-Presentación do Disco Cancións para Antía. O domingo día 24, ás 12:30 no Teatro Rosalía da Coruña. Entrada libre até completar aforo.

22.5.09

Núnez Singala





O próximo día 27 de maio estará con nós o escritor Núnez Singala


Singala é o autor de Comedia Bífida

Celso Fernández


Como xa tiñamos anunciado, e con motivo de celebrar As Letras Galegas, onte veu ó noso centro o contacontos Celso Fernández; estivo con nós hora e media e a súa actuación foi tan xenial que se nos fixo escasa.
Celso di que o seu repertorio é variado porque quere tocar diferentes temas que el considera interesantes (a emigración, a pobreza, os contos de sempre como os de reis e princesas....), sempre ten en conta que está a falar con adolescentes e nun centro educativo, polo que os seus contos teñen tamén un marcado carácter didáctico ( sen esquecer en ningún momento o humor).
Todo o seu repertorio ten un fío condutor , que é o que lle dá unidade: os contos orais tradicionais. Celso di que ten un especial interese en ir recompilando relatos tradicionais e analiza a técnica e linguaxe utilizada, deste xeito fornece e mellora o seu repertotio.
En resumo, pasamos un rato estupendo con Celso e desexamos volvelo a ter entre nós en pouco tempo.
Grazas Celso e ata pronto!

20.5.09

Galego - English: Readgalicia

Readgalicia.com é un catálogo de dereitos aberto que ofrece unha primeira selección realizada polas editoriais das últimas obras da literatura galega.

A páxina ofrécese en galego e en inglés: un bó xeito de mellora-las dúas línguas mentres elixes a túa vindeira lectura.

Consulta fichas de información completas con fragmentos das obras e imaxes da capa e ilustracións interiores.

Os libros que agora viaxan a través desta páxina son só unha primeira achega que irá medrando co tempo, unha morea de títulos ás que se sumarán máis e máis autores e autoras ate conformar un amplo corpus da nosa producción editorial. Esta primeira entrega é unha proposta das propias editoriais galegas que botaron un ollo aos seus últimos libros publicados e fixeron esta escolla para compartir co mundo enteiro. Esta web está aberta a recibir máis libros, para abrir pontes a través dun dos nosos máis prezados pasaportes: a lectura


The books travelling through this website at present are the first batch of a collection that will be increased throughout time, with many more books and authors until there is a wide corpus of our literary production. This first set is a proposal presented by Galician publishers themselves, who selected the books to be shared with the world out of their most recent publications. This website is open to books, to build bridges with our most precious passport: reading.

19.5.09

O galego, lingua internacional do amor

Universidade de Zadar, Croácia, maio de 2009.

Durante a celebraçom dos III Dias das línguas e culturas ibero-románicas tivemos a oportunidade de conhecer a Blanca e a Tom.
Blanca é bósnia e aprendeu galego em Croácia. Tom, inglés, e aprendeu-no em Gales. Conhecerom-se em Compostela num curso de verao para estudantes estrangeir@s. Blanca nom lhe dixo a Tom que sabia inglés e conhecerom-se falando o seu galego de quem começa a falar.
Conhecerom-se até querer-se, em galego.
Quando acabou o curso de verao voltarom aos seus países. E continuarom a falar em galego, por teléfono, por internet, quase todos os dias.
Tamém inventam palavras em galego. Por exemplo com o diminutivo, e assi, como de "bonito" se di "bonitinho", -explica Tom-, a partir de "bo" inventamos "boínho".

Guai de pai!

17.5.09

Os Lobos de Moeche

OS LOBOS DE MOECHE TEASER HD from luispa on Vimeo.

Miles de persoas reclaman máis ensino en galego


'A maior protesta polo galego da Historia'

Ducias de miles de persoas reclámanlle á nova Xunta do PP que non derrogue o decreto que promove o galego do ensino. Fixérono nunha multitudinaria manifestación que ateigou esta mañá as rúas de Compostela.

Galego? Portugués? ou Galego-portugués?

http://porquegalegos.blogspot.com
O feito de poder falar en galego con portugueses ou brasileios e ser entendido, non deixa de ser sorprendente, o primeiro que nos ven á cabeza é -que está ocorrendo aqui?, pois ben, desvelemos esa incognita, será que o galego provén do portugués, será que o portugués provén do galego?, resolvamos vellas cuestións.


Cal é a relación do portugués co galego?

Como é sabido, o galego é a lingua orixinaria de Galicia, ten a súa orixe principalmente no latín -como acontece co francés, catalán, italiano, ou castelán- e tivo o seu maior esplendor durante o medievo, sendo o idioma común dos habitantes do reino de Galicia antes de que o reino de Castela impuxera a súa lingua, o castelán.

Nesa época, na Idade Media, o reino de Galicia -que se extendía ata a cidade de Coimbra- atopábase formado por moitos condados, mais de entre todos, destacaba no sur o máis grande deles, chamado "Portugal". Este chegou a ser tan poderoso que no ano 1128, o seu conde -Afonso Henriques- declaraba a independencia do condado, polo que Portugal deixaba de pertencer ao reino de Galicia, convertíndose nun reino propio. Para reafirmar a súa independencia os portugueses comezarían a refererirse ao galego que falaban co nome de "portugués", o nome "galego" manteríase ao norte do río Miño. Unha mesma lingua con dous nomes.

Entón, que é iso do "galego-portugués"? (Ler máis...)



15.5.09

Censura artística da Xunta ou outra cousa?



Pouco tempo mantivo a xunta no seu portal educativo a foto coas palabras de Ramón Piñeiro, rapidamente foi cambiada..........cal sería o motivo? Comparade a primeira foto coa segunda e sacade as vosas propias conclusións.

14.5.09

MANIFESTO DA REAL ACADEMIA GALEGA

Dadas as últimas actuacións do actual goberno no tocante á lingua galega a Real Academia Galega divulga un manifesto ná véspera do Día Das Letras Galegas.

8.5.09

“Realidades, expresións, tramas. Arte en Galicia desde 1975”, en Ferrol

                                 Obra de Menchu Lamas, Os siameses do círculo

Salas exposiciones - Sede Fundación Caixa Galicia Ferrol - FERROL (A CORUÑA) . 07-mai-09 - 27-set-09

Luns a sábados: 10:00 h. a 14:00 h. e 17:30 h. a 21:30 h.
Domingos e festivos: 11:00 h. a 14:00 h.

Visitas guiadas
Público en xeral: mércores, 19.30 h.

Grupos: cita previa no 981 330 280


Dá comezo a terceira mostra do proxecto expositivo ‘Miradas’ na cidade ferrolá, baixo o título “Realidades, expresións, tramas. Arte en Galicia desde 1975”. A destacada comisaria Iria Candela proponnos unha nova mirada á arte galega contemporánea que se inclúe nos fondos da Colección Caixa Galicia, revisando con ela unha ampla escolma de obras das tres últimas décadas, imprescindibles na devandita colección e no eido da arte galega. Artistas xenuínos do noso territorio reúnense na mostra que poderemos visitar desde o 7 de maio ata o 27 de setembro, na Sede Fundación Caixa Galicia de Ferrol.


A Regueifa, un mundo de músicas galegas

Descarga música de balde na Regueifa



A Regueifa Plataforma é un netlabel sen ánimo de lucro dende o que todos aqueles creadores e creadoras que o desexen poden difundir, distribuir e amosar a súa obra libremente baixo licenza Copyleft.
Non importa o que fagas (música, videocreación, fotografía, poesía, pintura, banda deseñada, cinema...) nen como o fagas, se é dixitalizábel e queres difundilo na Rede a través do noso netlabel simplemente escrébenos a info@aregueifa.net.

7.5.09

Nova oferta de portugués no noso IES


O curso que ven o Departamento de Galego ofertará lingua portuguesa dentro das optativas e como 2ªlíngua estranxeira. En breve teremos máis información

Máis de 5.000 persoas apoian nas redes sociais a manifestación a prol do galego

07/05/2009 - Galiciaé

A Mesa Pola Normalización Lingüística confirmou que unhas 5.400 persoas se sumaron á manifestación promovida polo colectivo para o vindeiro 17 de maio en defensa do galego, a través das redes sociais Tuenti e Facebook.Ler máis

Ultima enquisa do uso do galego

Un 51,4% da sociedade asegura que utiliza de xeito frecuente a lingua propia fronte ao 29% que o fai só en castelán. Ser ou non ser? Galego ou castelán? Esa é a cuestión. E neste polémico tema do idioma, Lugo e Ourense son, por esta or­de, as provincia que rexistran un uso máis frecuente do gale­go fronte ó castelán, cunhas porcentaxes do 65,2 e 64,5%, res­pectivamnte, de poboación que emprega habitualmente a lingua materna para expresarse.Ler máis

28.4.09

RAMÓN PIÑEIRO






Este ano adícase o DÍA DAS LETRAS GALEGAS a Ramón Pineiro López, destacado filósofo, ensaísta, activista, editor e creador da sociolingüística galega.
Ramón Piñeiro nace en Armea, concello de Láncara (Lugo) o día 31 de maio de 1915. No seo dunha familia campesiña modesta.
Vai estudar a Lugo e nese período ingresa nas xuventudes do Partido Galeguista.
Nas Asambleas do Partido Galeguista entrará en contacto con outros importantes galeguistas: Castelao, Alexandre Bóveda, Pedrayo..
Ante o alzamento militar de 1936, moitos membros do partido galeguista foxen ó exilio. Piñeiro, ante as denuncias impostas contra el, decide loitar na guerra civil e loitar no bando nacional.
Ó rematar a guerra volta a Galicia, estuda filosofía e letras, pero abandonará todo pola política
En 1943 participa na reorganización clandestina do Partido Galeguista.
Pensando nunha posible caída do réxime franquista, e como representante do Partido Galeguista, reúnese con outros partidos e cos nacionalistas cataláns e vascos. Foi tamén o representante do galeguismo nas negociacións co goberno republicano.
Debido a estas actividades, foi encarcerado . Logo da saída do cárcere, casa con Isabel López e se instala definitivamente en Santiago.
Visto que a restauración da República era imposible, Piñeiro opta pola actividade cultural fronte á loita política, feito que o afastaría de Castelao.
En 1950 funda a editorial Galaxia e en 1951 funda, xunto con Fernández de Riego, a revista Grial, publicación que sería censurada por Fraga Iribarne ó ano seguinte e durante 10 anos.
A obra de Piñeiro céntrase na filosofía da saudade,
Os seus traballos de tradución foron decisivos na normalización do galego.
En 1967 foi nomeado menbro da Real Academia Galega.
En 1983 foi elixido 1º presidente do Consello da Cultura Galega.
Morre o 27 de agosto de 1990.

24.4.09

O Ghaiteiro de Trashmonte

Temos un novo nome para o noso grupo de rock O GHAITEIRO DE TRASHMONTE.

Contacontos


Saúdos!

O día 21 de maio teremos no centro a actuación do contacontos Celso Fernández. Seguro que a súa actuación gustará a todos os espectadores.

Correlingua




Saúdos!

Como tódolos anos vai comezar o correlingua, unha carreira a favor da nosa lingua. O día elixido é o 13 de maio e o lugar de celebración é FIMO en A Malata.

Programa:

10:00 - 10:30 H. Chegada do alunado ó recinto e inicio da CARREIRA polo paseo marítimo.

10:30 - 12: 00 h.Festa final coas seguintes actuacións: Lectura do manifesto - Actuacións dos centros - Fantoche baj - Malabares - "A polo ghit"
12:00 - 12:30 h. Despedida dos participantes e saída dos autobuses.

20.4.09

Próxima visita de Vicente Araguas, fundador de Voces Ceibes

O venres 15 de maio visitará o Centro o nedense Vicente Araguas...
Voces ceibes: documental "Galicia na Transición"

Letras galegas

CONCURSO DAS LETRAS GALEGAS
- Composición en lingua galega ( poesía, conto, chiste, lenda.....).
- Tema: libre
- Pódese presentar por escrito e /ou oral (puntuarase favorablemente que sexa unha exposición oral):
Por escrito ten que ser unha composición orixinal.
Por oral pode ser unha composición orixinal ou non . Os textos poden ser lidos ou representados e serán proxectados na televisión interna do instituto.
Premio: 20 euros en material escolar (para o 1º premio). 15 euros en material escolar (para o 2º premio) e 10 euros en material escolar (para o 3º premio).
- Data límite: Segunda semana de maio
Para calquera dúbida falade con Consuelo.

Poesía e imaxe


O día 4 de maio inaugúrase a exposición Poesía e Imaxe. Lembrade que Miriam Ferreiro será a nosa representante. A Inauguración será o 4 de maio ás 19:00 h no Centro Cultural Carballo Calero. Tamén podedes velo dende 0 4 ata o 8 de maio de luns a venres

3.4.09

astronomía ,en galego


Xa saeu do prelo a Guía do ceo 2009 preparada e revisada pola editorial Le Pourquoi Pas. E por ser o Ano Internacional da Astronomía este ano é de balde: nos próximos meses a Concellaría de Cultura do Concello da Coruña distribuirá gratuitamente dez mil exemplares en galego.

Aquí podes ver o ceo de hoxe visto dende Neda Tés que por en "observing site", latitude 43 North e longitude 8 West.

50 anos de "A Esmorga"


Hai médio século, Blanco Amor agasallounos cunha milagre literaria.

Aínda hoxe "A Esmorga" sorprende.
Por como está escrita. Pola súa estrutura interna. Pola voz dos personaxes, incluso dos que non teñen voz. Pola temática escollida. Polo xeito de amosar un mundo, un universo, as almas e as vidas. Literatura con L grande. Un clásico.
Hai unanimidade ao respecto desta obra. Poderemos elaborar todas as listas que nos apeteza facer, poderemos consultar os especialistas que queiramos consultar, que A Esmorga sempre ha estar entre esas cinco lecturas esenciais para entendermos un mínimo da nosa literatura.
Hai 50 anos Eduardo Blanco Amor obrou a milagre. Medio século despois, fregamos os ollos diante de tanto talento.
Hoxe, as homenaxes ao libro de Blanco Amor sucédense por todo o país. Desde a homenaxe que o Pen Clube desenvolverá no Centro Cultural da Deputación de Ourense, aos xornais do país que lle dedican páxinas ou, mañá, suplementos especiais. Os principais escritores de nós opinan nos medios. Os periódicos narran tamén a odisea particular, por mor da censura franquista, que o orixinal tivo que pasar ata ver a luz.

A opinión, insistimos, é unánime: A Esmorga é unha das cousas máis importantes que lle sucederon á nosa cultura.
Dentro doutros 50 anos, sabémolo, a opinión seguirá a ser igual de unánime.
(da web da Editorial Galaxia)



Con motivo do 50 aniversario da Esmorga
O Festival de Cine de Ourense homenaxeará a Eduardo Blanco Amor

Unha exposición achega a faceta menos coñecida do escritor
O Verbum achega o Blanco Amor Fotógrafo

O Pen Club promove esta iniciativa
Ourense celebrará o Ano Blanco Amor en 2009

Poemas inéditos de Eduardo Blanco-Amor verán a luz nunha edición facsímile

Audios, extras catalogados e demais material sobre o escritor, dramaturgo e xornalista
Ficha do Autor en LG3

28.3.09

Dous escoceses amantes do galego

agalega.info - Videos das noticias dos informativos da TVG

25.3.09

Aniversario de Carvalho Calero en Radiofusión

As colaboracións nas revistas Vida Gallega e Maruxa foron os primeiros textos publicados por Ricardo Carvalho Calero, segundo indicaba o escritor ferrolán en 1989. O catedrático de lingua e literatura galega morreu o 25 de marzo de 1990. Cúmprense hoxe os 19 anos do seu pasamento.
Ver nova en Radiofusión

16.3.09

Novo web sobre o patrimonio cultural galego

A Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, dependente da Consellería de Cultura e Deporte, acaba de presentar un atractivo web enteiramente dedicado ao patrimonio cultural de Galicia

13.3.09

contacontos

Vaise organizar proximamente no instituto un concurso de contacontos, seguro que no centro atoparemos a un futuro artista, anímate!
Mentres, se queres, podes disfrutar con algunha actuación de varios dos contistas con máis sona: Cándido Pazó , Paula Carballeira, Blanco...(páxina de toutube)

12.3.09

versión xaponesa de Cantares gallegos

A obra máis coñecida de Rosalía de Castro, Cantares gallegos, acaba de ver a luz nunha edición bilingüe galego-xaponés. O volume foi traducido por primeira vez á lingua do País do Sol Nacente por Takekazu Asaka, profesor de Filoloxía Románica na Universidade Tsudajuku. O autor participou esta mañá canda a Marisol López, secretaria xeral de Política Lingüística, na presentación da obra en Compostela. O departamento da Xunta colaborou á hora de financiar esta edición de quiñentos exemplares, que inclúe ademais un CD con poemas de Rosalía interpretados pola pianista Rika Nishikawa e mais a soprano Miho Hago. Ao tempo, o libro conta cun prólogo a cargo de Xesús Alonso Montero.

11.3.09

sesión cinematográfica


O luns día 16 de marzo teremos no instituto unha sesión cinematográfica. Proxectaremos a película O AGASALLO DE SILVIA. Unha película estupenda sobre a doación de órganos e con magníficas actuacións. Está dirixido especialmente a segundo ciclo da ESO e bacharelato(Por suposto calquera membro da comunidade educativa poderá asistir). A proxección realizarase o día 16 de marzo ás 16:15 na sala de audiovisuais.

10.3.09

Obradoiro de creación literaria

Este mes de marzo comeza un obradoiro de creación literaria no Instituto Fernando Esquío dirixido pola escritora Estíbaliz Espinosa. O obradoiro está dirixido ós alumnos da ESO e se desenvolverá os días 24, 27 e 31 de marzo e os días 3 e 14 de abril.

9.3.09

Antón Riveiro Coelho

Ola a todos!
O día 28 de abril teremos no instituto a sorte d contar coa visita do escritor Antón Riveiro Coelho, para falarnos da súa obra en xeral e moi especialmente de A voz do lago e OS ollos de K .
Actualmente Antón Riveiro está considerado como un dos escritores que mellor coñece e utiliza a nosa lingua; sempre é un pracer lelo.

3.3.09

Debuxos para o Concurso Poesía Imaxe


A gañadora foi Miriam Ferreiro Pantín,de 1ºeso C

2.3.09

"Olladas sobre Ramón Piñeiro" Letras Galegas 2009

Este ano, o Día das letras galegas adicaráse a Ramón Piñeiro.Se non o coñecedes moi ben, eiquí tedes un video documental sobre a súa vida dende a perspectiva actual de persoeiros galegos, coordenado por Luís Gómez

San Valentín

Aquí temos outros dous poemas presentados ó concurso:

Paxaros sosos

Os paxaros sosos la
mar de amorosos,
seu canto sabroso
do máis namorao
que te deixa de lao,
e o máis namorao.
José Mauel Corral, 1º ESO C

Cando te vexo me namoro
cando non morro, porque se non
te noto morro de dor.
Alejandro Silvén Couce, 1º ESO B

27.2.09

Xa saíu o CALENDARIO de NL 2009

Podes descarga-lo aquí

12.2.09

O Tribunal de Xustiza europeo falará en galego

Temos unha boa nova para a nosa lingua, o tribunal de xustiza europeo falará en galego. Poderemos utilizar a nosa lingua no tribunal e seremos respondidos nela. Para ampliar esta información podedes ver o publicado no xornal Galiza Nación

30.1.09

concurso POESÍA E IMAXE

A coordinadora de Ferrol convoca un concurso de poesía e imaxe: Consiste en realizar uns debuxos a algunha das poesías previamente seleccionadas. Toda a información podedes vela no taboleiro do instituto adicado a Normalización e tamén podedes preguntar a Consuelo, Ánxeles ou Miguel Anxo.
Bases do IX Certame de creación artística Poesía e Imaxe (coordinadora de Ferrol) EN GALEGO, SEN FILTRO
1.- Poderá participar todo o alumnado matriculado en calquera dos centros de ensino -públicos ou privados- de Ferrol e aqueles centros que forman parte da Coordinadora de Equipas de Normalización Lingüística.
2.- As persoas participantes deberán presentar unha composición plástica orixinal en calquera destas modalidades: debuxo, pintura, colaxe ou fotografía.
3.- Para a realización da súa obra deberán escoller, como motivo de inspiración, unha (1) de entre as 15 propostas poéticas da literatura universal recollidas no anexo destas bases. O autor ou autora deberá indicar o texto seleccionado e esta autoría terá de ser individual.
4.- Niveis de participación:
- Educación Infantil
- 1º/2º/3º de educación primaria
- 4º/5º/6º de educación primaria.
- ESO
- Bacharelato e Ciclos Formativos
5.- Os centros participantes desenvolverán as súas actividades en dúas fases:
a) fase nos centros
b) fase intercentros
6.- Na fase do propio centro realizaranse actividades que relacionen o mundo da expresión poética co da expresión plástica. O centro seleccionará nesta fase unha única obra por nivel para participar na fase intercentros.
7.- Os centros deberán enviar os orixinais seleccionados (unha obra por nivel), quer en man, quer por calquera outro medio antes do 11 de marzo de 2009.
Os traballos seleccionados deberán enviarse a:
Equipa de Normalización Lingüística
IES Concepción Arenal
Rúa de Cuntis , 1 (15402) – Ferrol
8.- A Coordinadora de Equipas de Normalización Lingüística e o Concello de Ferrol- Concellaría de Educación nomearán un xurado que seleccionará de entre as obras presentadas para a fase intercentros un máximo de trinta (30) atendendo aos seguintes criterios:
- calidade estética
- orixinalidade
- interrelación entre a linguaxe poética e a linguaxe plástica.
9.- O xurado garantirá que cada nivel estea representado por un mínimo de cinco obras, sempre que se ateñan aos criterios do punto 8 destas bases, podendo declarar o certame total ou parcialmente deserto. A súa decisión será inapelábel.
10.- Todos os orixinais presentados na fase intercentros pasarán a ser propiedade da Coordinadora de Equipas de Normalización Lingüística . Os traballos editados pasarán a ser propiedade do Concello de Ferrol. O Concello de Ferrol poderá doárllelos aos centros de ensino nos que estean matriculados os/as alumnos/as seleccionados/as.
11.- Coas obras seleccionadas o Concello de Ferrol realizará unha exposición pública cara a finais do 2º trimestre do ano 2009.
12.- A participación no certame implica a aceptación destas bases. A súa interpretación correspóndelle ao xurado.

Ferrol, decembro de 2008

22.1.09

poesía galega amorosa actual

Animados a participar no concurso de San Valentín? Aquí tedes bós exemplos do que se pode acadar ...

21.1.09

¿QUERES MEDO?

"Quero medo" é a exposición de banda desenada que estivo na Casa do Humor de Fene ata o 1 de decembro. Aínda estás a tempo de vela aquí...arrepiante!

Salón do libro infantil e xuvenil de Pontevedra

X Edición (2009):Do 1 de febreiro ao 15 de marzo de 2009
Bibliografía para os centros escolares
X Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra (2009).
Tema: Historias de amor
Descargas
Bibliografía en PDF

Banda Deseñada: Os Mortos de Portiño

O 3 de marzo de 1937, durante a Guerra Civil, as autoridades franquistas abortaron un intento de fuga dun grupo de entre sesenta e cen militantes de esquerda que querían fuxir da Coruña cara a zona republicana por vía marítima. Agora rememórase este feito a través da banda deseñada.

19.1.09

Concurso De San Valentín


Con motivo do día de San Valentín Normalización convoca un concurso entre todo o alumnado.
Bases:
-poderán presentarse poemas, ditos, frases... de temática amorosa (por suposto en lingua galega).
Prazo
- Deberán entregarse antes do día 14 de febreiro ( Consuelo).
Premio:
- 15 euros para material escolar.
Este material poderá ser publicado na revista do centro (VAIDAÍ) e no blog de normalización.

reunión de Normalización

O día 21 de xaneiro temos unha reunión de normalización para tratar un único tema:
- Proxecto lingüístico.