30.1.09

concurso POESÍA E IMAXE

A coordinadora de Ferrol convoca un concurso de poesía e imaxe: Consiste en realizar uns debuxos a algunha das poesías previamente seleccionadas. Toda a información podedes vela no taboleiro do instituto adicado a Normalización e tamén podedes preguntar a Consuelo, Ánxeles ou Miguel Anxo.
Bases do IX Certame de creación artística Poesía e Imaxe (coordinadora de Ferrol) EN GALEGO, SEN FILTRO
1.- Poderá participar todo o alumnado matriculado en calquera dos centros de ensino -públicos ou privados- de Ferrol e aqueles centros que forman parte da Coordinadora de Equipas de Normalización Lingüística.
2.- As persoas participantes deberán presentar unha composición plástica orixinal en calquera destas modalidades: debuxo, pintura, colaxe ou fotografía.
3.- Para a realización da súa obra deberán escoller, como motivo de inspiración, unha (1) de entre as 15 propostas poéticas da literatura universal recollidas no anexo destas bases. O autor ou autora deberá indicar o texto seleccionado e esta autoría terá de ser individual.
4.- Niveis de participación:
- Educación Infantil
- 1º/2º/3º de educación primaria
- 4º/5º/6º de educación primaria.
- ESO
- Bacharelato e Ciclos Formativos
5.- Os centros participantes desenvolverán as súas actividades en dúas fases:
a) fase nos centros
b) fase intercentros
6.- Na fase do propio centro realizaranse actividades que relacionen o mundo da expresión poética co da expresión plástica. O centro seleccionará nesta fase unha única obra por nivel para participar na fase intercentros.
7.- Os centros deberán enviar os orixinais seleccionados (unha obra por nivel), quer en man, quer por calquera outro medio antes do 11 de marzo de 2009.
Os traballos seleccionados deberán enviarse a:
Equipa de Normalización Lingüística
IES Concepción Arenal
Rúa de Cuntis , 1 (15402) – Ferrol
8.- A Coordinadora de Equipas de Normalización Lingüística e o Concello de Ferrol- Concellaría de Educación nomearán un xurado que seleccionará de entre as obras presentadas para a fase intercentros un máximo de trinta (30) atendendo aos seguintes criterios:
- calidade estética
- orixinalidade
- interrelación entre a linguaxe poética e a linguaxe plástica.
9.- O xurado garantirá que cada nivel estea representado por un mínimo de cinco obras, sempre que se ateñan aos criterios do punto 8 destas bases, podendo declarar o certame total ou parcialmente deserto. A súa decisión será inapelábel.
10.- Todos os orixinais presentados na fase intercentros pasarán a ser propiedade da Coordinadora de Equipas de Normalización Lingüística . Os traballos editados pasarán a ser propiedade do Concello de Ferrol. O Concello de Ferrol poderá doárllelos aos centros de ensino nos que estean matriculados os/as alumnos/as seleccionados/as.
11.- Coas obras seleccionadas o Concello de Ferrol realizará unha exposición pública cara a finais do 2º trimestre do ano 2009.
12.- A participación no certame implica a aceptación destas bases. A súa interpretación correspóndelle ao xurado.

Ferrol, decembro de 2008

Sem comentários: