28.3.09

Dous escoceses amantes do galego

agalega.info - Videos das noticias dos informativos da TVG

25.3.09

Aniversario de Carvalho Calero en Radiofusión

As colaboracións nas revistas Vida Gallega e Maruxa foron os primeiros textos publicados por Ricardo Carvalho Calero, segundo indicaba o escritor ferrolán en 1989. O catedrático de lingua e literatura galega morreu o 25 de marzo de 1990. Cúmprense hoxe os 19 anos do seu pasamento.
Ver nova en Radiofusión

16.3.09

Novo web sobre o patrimonio cultural galego

A Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, dependente da Consellería de Cultura e Deporte, acaba de presentar un atractivo web enteiramente dedicado ao patrimonio cultural de Galicia

13.3.09

contacontos

Vaise organizar proximamente no instituto un concurso de contacontos, seguro que no centro atoparemos a un futuro artista, anímate!
Mentres, se queres, podes disfrutar con algunha actuación de varios dos contistas con máis sona: Cándido Pazó , Paula Carballeira, Blanco...(páxina de toutube)

12.3.09

versión xaponesa de Cantares gallegos

A obra máis coñecida de Rosalía de Castro, Cantares gallegos, acaba de ver a luz nunha edición bilingüe galego-xaponés. O volume foi traducido por primeira vez á lingua do País do Sol Nacente por Takekazu Asaka, profesor de Filoloxía Románica na Universidade Tsudajuku. O autor participou esta mañá canda a Marisol López, secretaria xeral de Política Lingüística, na presentación da obra en Compostela. O departamento da Xunta colaborou á hora de financiar esta edición de quiñentos exemplares, que inclúe ademais un CD con poemas de Rosalía interpretados pola pianista Rika Nishikawa e mais a soprano Miho Hago. Ao tempo, o libro conta cun prólogo a cargo de Xesús Alonso Montero.

11.3.09

sesión cinematográfica


O luns día 16 de marzo teremos no instituto unha sesión cinematográfica. Proxectaremos a película O AGASALLO DE SILVIA. Unha película estupenda sobre a doación de órganos e con magníficas actuacións. Está dirixido especialmente a segundo ciclo da ESO e bacharelato(Por suposto calquera membro da comunidade educativa poderá asistir). A proxección realizarase o día 16 de marzo ás 16:15 na sala de audiovisuais.

10.3.09

Obradoiro de creación literaria

Este mes de marzo comeza un obradoiro de creación literaria no Instituto Fernando Esquío dirixido pola escritora Estíbaliz Espinosa. O obradoiro está dirixido ós alumnos da ESO e se desenvolverá os días 24, 27 e 31 de marzo e os días 3 e 14 de abril.

9.3.09

Antón Riveiro Coelho

Ola a todos!
O día 28 de abril teremos no instituto a sorte d contar coa visita do escritor Antón Riveiro Coelho, para falarnos da súa obra en xeral e moi especialmente de A voz do lago e OS ollos de K .
Actualmente Antón Riveiro está considerado como un dos escritores que mellor coñece e utiliza a nosa lingua; sempre é un pracer lelo.

3.3.09

Debuxos para o Concurso Poesía Imaxe


A gañadora foi Miriam Ferreiro Pantín,de 1ºeso C

2.3.09

"Olladas sobre Ramón Piñeiro" Letras Galegas 2009

Este ano, o Día das letras galegas adicaráse a Ramón Piñeiro.Se non o coñecedes moi ben, eiquí tedes un video documental sobre a súa vida dende a perspectiva actual de persoeiros galegos, coordenado por Luís Gómez

San Valentín

Aquí temos outros dous poemas presentados ó concurso:

Paxaros sosos

Os paxaros sosos la
mar de amorosos,
seu canto sabroso
do máis namorao
que te deixa de lao,
e o máis namorao.
José Mauel Corral, 1º ESO C

Cando te vexo me namoro
cando non morro, porque se non
te noto morro de dor.
Alejandro Silvén Couce, 1º ESO B