28.4.09

RAMÓN PIÑEIRO






Este ano adícase o DÍA DAS LETRAS GALEGAS a Ramón Pineiro López, destacado filósofo, ensaísta, activista, editor e creador da sociolingüística galega.
Ramón Piñeiro nace en Armea, concello de Láncara (Lugo) o día 31 de maio de 1915. No seo dunha familia campesiña modesta.
Vai estudar a Lugo e nese período ingresa nas xuventudes do Partido Galeguista.
Nas Asambleas do Partido Galeguista entrará en contacto con outros importantes galeguistas: Castelao, Alexandre Bóveda, Pedrayo..
Ante o alzamento militar de 1936, moitos membros do partido galeguista foxen ó exilio. Piñeiro, ante as denuncias impostas contra el, decide loitar na guerra civil e loitar no bando nacional.
Ó rematar a guerra volta a Galicia, estuda filosofía e letras, pero abandonará todo pola política
En 1943 participa na reorganización clandestina do Partido Galeguista.
Pensando nunha posible caída do réxime franquista, e como representante do Partido Galeguista, reúnese con outros partidos e cos nacionalistas cataláns e vascos. Foi tamén o representante do galeguismo nas negociacións co goberno republicano.
Debido a estas actividades, foi encarcerado . Logo da saída do cárcere, casa con Isabel López e se instala definitivamente en Santiago.
Visto que a restauración da República era imposible, Piñeiro opta pola actividade cultural fronte á loita política, feito que o afastaría de Castelao.
En 1950 funda a editorial Galaxia e en 1951 funda, xunto con Fernández de Riego, a revista Grial, publicación que sería censurada por Fraga Iribarne ó ano seguinte e durante 10 anos.
A obra de Piñeiro céntrase na filosofía da saudade,
Os seus traballos de tradución foron decisivos na normalización do galego.
En 1967 foi nomeado menbro da Real Academia Galega.
En 1983 foi elixido 1º presidente do Consello da Cultura Galega.
Morre o 27 de agosto de 1990.

24.4.09

O Ghaiteiro de Trashmonte

Temos un novo nome para o noso grupo de rock O GHAITEIRO DE TRASHMONTE.

Contacontos


Saúdos!

O día 21 de maio teremos no centro a actuación do contacontos Celso Fernández. Seguro que a súa actuación gustará a todos os espectadores.

Correlingua




Saúdos!

Como tódolos anos vai comezar o correlingua, unha carreira a favor da nosa lingua. O día elixido é o 13 de maio e o lugar de celebración é FIMO en A Malata.

Programa:

10:00 - 10:30 H. Chegada do alunado ó recinto e inicio da CARREIRA polo paseo marítimo.

10:30 - 12: 00 h.Festa final coas seguintes actuacións: Lectura do manifesto - Actuacións dos centros - Fantoche baj - Malabares - "A polo ghit"
12:00 - 12:30 h. Despedida dos participantes e saída dos autobuses.

20.4.09

Próxima visita de Vicente Araguas, fundador de Voces Ceibes

O venres 15 de maio visitará o Centro o nedense Vicente Araguas...
Voces ceibes: documental "Galicia na Transición"

Letras galegas

CONCURSO DAS LETRAS GALEGAS
- Composición en lingua galega ( poesía, conto, chiste, lenda.....).
- Tema: libre
- Pódese presentar por escrito e /ou oral (puntuarase favorablemente que sexa unha exposición oral):
Por escrito ten que ser unha composición orixinal.
Por oral pode ser unha composición orixinal ou non . Os textos poden ser lidos ou representados e serán proxectados na televisión interna do instituto.
Premio: 20 euros en material escolar (para o 1º premio). 15 euros en material escolar (para o 2º premio) e 10 euros en material escolar (para o 3º premio).
- Data límite: Segunda semana de maio
Para calquera dúbida falade con Consuelo.

Poesía e imaxe


O día 4 de maio inaugúrase a exposición Poesía e Imaxe. Lembrade que Miriam Ferreiro será a nosa representante. A Inauguración será o 4 de maio ás 19:00 h no Centro Cultural Carballo Calero. Tamén podedes velo dende 0 4 ata o 8 de maio de luns a venres

3.4.09

astronomía ,en galego


Xa saeu do prelo a Guía do ceo 2009 preparada e revisada pola editorial Le Pourquoi Pas. E por ser o Ano Internacional da Astronomía este ano é de balde: nos próximos meses a Concellaría de Cultura do Concello da Coruña distribuirá gratuitamente dez mil exemplares en galego.

Aquí podes ver o ceo de hoxe visto dende Neda Tés que por en "observing site", latitude 43 North e longitude 8 West.

50 anos de "A Esmorga"


Hai médio século, Blanco Amor agasallounos cunha milagre literaria.

Aínda hoxe "A Esmorga" sorprende.
Por como está escrita. Pola súa estrutura interna. Pola voz dos personaxes, incluso dos que non teñen voz. Pola temática escollida. Polo xeito de amosar un mundo, un universo, as almas e as vidas. Literatura con L grande. Un clásico.
Hai unanimidade ao respecto desta obra. Poderemos elaborar todas as listas que nos apeteza facer, poderemos consultar os especialistas que queiramos consultar, que A Esmorga sempre ha estar entre esas cinco lecturas esenciais para entendermos un mínimo da nosa literatura.
Hai 50 anos Eduardo Blanco Amor obrou a milagre. Medio século despois, fregamos os ollos diante de tanto talento.
Hoxe, as homenaxes ao libro de Blanco Amor sucédense por todo o país. Desde a homenaxe que o Pen Clube desenvolverá no Centro Cultural da Deputación de Ourense, aos xornais do país que lle dedican páxinas ou, mañá, suplementos especiais. Os principais escritores de nós opinan nos medios. Os periódicos narran tamén a odisea particular, por mor da censura franquista, que o orixinal tivo que pasar ata ver a luz.

A opinión, insistimos, é unánime: A Esmorga é unha das cousas máis importantes que lle sucederon á nosa cultura.
Dentro doutros 50 anos, sabémolo, a opinión seguirá a ser igual de unánime.
(da web da Editorial Galaxia)



Con motivo do 50 aniversario da Esmorga
O Festival de Cine de Ourense homenaxeará a Eduardo Blanco Amor

Unha exposición achega a faceta menos coñecida do escritor
O Verbum achega o Blanco Amor Fotógrafo

O Pen Club promove esta iniciativa
Ourense celebrará o Ano Blanco Amor en 2009

Poemas inéditos de Eduardo Blanco-Amor verán a luz nunha edición facsímile

Audios, extras catalogados e demais material sobre o escritor, dramaturgo e xornalista
Ficha do Autor en LG3