29.5.09

situación da lingua


a nosa situación actual vista con humor

28.5.09

ARAGUAS , escritor de xubia, no Galicia Hoxe

Os máis perigosos son os galegos que desprezan a lingua

Novo diccionario francés-galego



Editado por Xerais, e con máis de 25 mil entradas de léxico, trátase do primeiro que recolle as correspondencias entre as dúas linguas.

O dicionario, o primeiro publicado de correspondencias entre o galego e o francés, está completamente actualizado á normativa ortográfica aprobada pola Real Academia Galega de 2003, completándose con senllos apéndices gramaticais, onde se recollen as conxugacións verbais francesa e galega, así como senllos prontuarios gramaticais de cada unha das linguas.

Editado por Xerais, foi preparado por Luís Castro Macía e Remedios Rodríguez Sánchez, e conta con 25.000 entradas do léxico estándar de cada unha das dúas linguas. En cada unha das entradas sinálase, ademais, a súa transcrición fonética, a súa categorización gramatical, a fraseoloxía de uso máis habitual, así como, cando fose necesario, a precisión da súa tradución. Con case mil páxinas, ten un prezo de 29 euros.

26.5.09

Deus que te crew

Temos aquí outra mostra de rap galego do grupo Dios que te creW

Deus que te crew

kizomba


aquí temos outra mostra de Kizomba de Cabo Verde

kizomba

frikis, bromas

frikis, bromas

Kizomba

Kizomba é un baile orixinario de Angola, Angola foi unha colonia portuguesa polo que as letras estaban en portugués. Este baile e música espalláronse por Cabo Verde e Brasil e as súas letras actualmente seguen estando en portugués.


24.5.09

Novas da Asociación Pedagóxica galega


1.- Un novo Xogo. A AS-PG publica na rede un novo xogo. O Xogo da Curuxa.
O xogo da Curuxa está baseado no xogo da oca. Consiste en lanzar o dado e ir movendo a ficha ao longo dun taboleiro en espiral formado por cadros, tendo algúns deles asociadas accións especiais como bonificacións ou castigos. A diferenza do xogo clásico, cando o/a xogador/a cae nun cadro deberá superar unha proba para poder ficar nel, evitar un castigo etc. Para gañar a partida é preciso chegar até o último cadro e superar a súa proba. A versión publicada é monousuario, mais para comezos do verán aparecerá a versión final que permitirá xogar entre varios xogadores.
2.- Comeza a IV Semana do libro e a lectrura en Carballo. Será inaugurada o domingo 24 de maio ás 12:30 no Pazo da Cultura

3.- Concerto-Presentación do Disco Cancións para Antía. O domingo día 24, ás 12:30 no Teatro Rosalía da Coruña. Entrada libre até completar aforo.

22.5.09

Núnez Singala





O próximo día 27 de maio estará con nós o escritor Núnez Singala


Singala é o autor de Comedia Bífida

Celso Fernández


Como xa tiñamos anunciado, e con motivo de celebrar As Letras Galegas, onte veu ó noso centro o contacontos Celso Fernández; estivo con nós hora e media e a súa actuación foi tan xenial que se nos fixo escasa.
Celso di que o seu repertorio é variado porque quere tocar diferentes temas que el considera interesantes (a emigración, a pobreza, os contos de sempre como os de reis e princesas....), sempre ten en conta que está a falar con adolescentes e nun centro educativo, polo que os seus contos teñen tamén un marcado carácter didáctico ( sen esquecer en ningún momento o humor).
Todo o seu repertorio ten un fío condutor , que é o que lle dá unidade: os contos orais tradicionais. Celso di que ten un especial interese en ir recompilando relatos tradicionais e analiza a técnica e linguaxe utilizada, deste xeito fornece e mellora o seu repertotio.
En resumo, pasamos un rato estupendo con Celso e desexamos volvelo a ter entre nós en pouco tempo.
Grazas Celso e ata pronto!

20.5.09

Galego - English: Readgalicia

Readgalicia.com é un catálogo de dereitos aberto que ofrece unha primeira selección realizada polas editoriais das últimas obras da literatura galega.

A páxina ofrécese en galego e en inglés: un bó xeito de mellora-las dúas línguas mentres elixes a túa vindeira lectura.

Consulta fichas de información completas con fragmentos das obras e imaxes da capa e ilustracións interiores.

Os libros que agora viaxan a través desta páxina son só unha primeira achega que irá medrando co tempo, unha morea de títulos ás que se sumarán máis e máis autores e autoras ate conformar un amplo corpus da nosa producción editorial. Esta primeira entrega é unha proposta das propias editoriais galegas que botaron un ollo aos seus últimos libros publicados e fixeron esta escolla para compartir co mundo enteiro. Esta web está aberta a recibir máis libros, para abrir pontes a través dun dos nosos máis prezados pasaportes: a lectura


The books travelling through this website at present are the first batch of a collection that will be increased throughout time, with many more books and authors until there is a wide corpus of our literary production. This first set is a proposal presented by Galician publishers themselves, who selected the books to be shared with the world out of their most recent publications. This website is open to books, to build bridges with our most precious passport: reading.

19.5.09

O galego, lingua internacional do amor

Universidade de Zadar, Croácia, maio de 2009.

Durante a celebraçom dos III Dias das línguas e culturas ibero-románicas tivemos a oportunidade de conhecer a Blanca e a Tom.
Blanca é bósnia e aprendeu galego em Croácia. Tom, inglés, e aprendeu-no em Gales. Conhecerom-se em Compostela num curso de verao para estudantes estrangeir@s. Blanca nom lhe dixo a Tom que sabia inglés e conhecerom-se falando o seu galego de quem começa a falar.
Conhecerom-se até querer-se, em galego.
Quando acabou o curso de verao voltarom aos seus países. E continuarom a falar em galego, por teléfono, por internet, quase todos os dias.
Tamém inventam palavras em galego. Por exemplo com o diminutivo, e assi, como de "bonito" se di "bonitinho", -explica Tom-, a partir de "bo" inventamos "boínho".

Guai de pai!

17.5.09

Os Lobos de Moeche

OS LOBOS DE MOECHE TEASER HD from luispa on Vimeo.

Miles de persoas reclaman máis ensino en galego


'A maior protesta polo galego da Historia'

Ducias de miles de persoas reclámanlle á nova Xunta do PP que non derrogue o decreto que promove o galego do ensino. Fixérono nunha multitudinaria manifestación que ateigou esta mañá as rúas de Compostela.

Galego? Portugués? ou Galego-portugués?

http://porquegalegos.blogspot.com
O feito de poder falar en galego con portugueses ou brasileios e ser entendido, non deixa de ser sorprendente, o primeiro que nos ven á cabeza é -que está ocorrendo aqui?, pois ben, desvelemos esa incognita, será que o galego provén do portugués, será que o portugués provén do galego?, resolvamos vellas cuestións.


Cal é a relación do portugués co galego?

Como é sabido, o galego é a lingua orixinaria de Galicia, ten a súa orixe principalmente no latín -como acontece co francés, catalán, italiano, ou castelán- e tivo o seu maior esplendor durante o medievo, sendo o idioma común dos habitantes do reino de Galicia antes de que o reino de Castela impuxera a súa lingua, o castelán.

Nesa época, na Idade Media, o reino de Galicia -que se extendía ata a cidade de Coimbra- atopábase formado por moitos condados, mais de entre todos, destacaba no sur o máis grande deles, chamado "Portugal". Este chegou a ser tan poderoso que no ano 1128, o seu conde -Afonso Henriques- declaraba a independencia do condado, polo que Portugal deixaba de pertencer ao reino de Galicia, convertíndose nun reino propio. Para reafirmar a súa independencia os portugueses comezarían a refererirse ao galego que falaban co nome de "portugués", o nome "galego" manteríase ao norte do río Miño. Unha mesma lingua con dous nomes.

Entón, que é iso do "galego-portugués"? (Ler máis...)



15.5.09

Censura artística da Xunta ou outra cousa?



Pouco tempo mantivo a xunta no seu portal educativo a foto coas palabras de Ramón Piñeiro, rapidamente foi cambiada..........cal sería o motivo? Comparade a primeira foto coa segunda e sacade as vosas propias conclusións.

14.5.09

MANIFESTO DA REAL ACADEMIA GALEGA

Dadas as últimas actuacións do actual goberno no tocante á lingua galega a Real Academia Galega divulga un manifesto ná véspera do Día Das Letras Galegas.

8.5.09

“Realidades, expresións, tramas. Arte en Galicia desde 1975”, en Ferrol

                                 Obra de Menchu Lamas, Os siameses do círculo

Salas exposiciones - Sede Fundación Caixa Galicia Ferrol - FERROL (A CORUÑA) . 07-mai-09 - 27-set-09

Luns a sábados: 10:00 h. a 14:00 h. e 17:30 h. a 21:30 h.
Domingos e festivos: 11:00 h. a 14:00 h.

Visitas guiadas
Público en xeral: mércores, 19.30 h.

Grupos: cita previa no 981 330 280


Dá comezo a terceira mostra do proxecto expositivo ‘Miradas’ na cidade ferrolá, baixo o título “Realidades, expresións, tramas. Arte en Galicia desde 1975”. A destacada comisaria Iria Candela proponnos unha nova mirada á arte galega contemporánea que se inclúe nos fondos da Colección Caixa Galicia, revisando con ela unha ampla escolma de obras das tres últimas décadas, imprescindibles na devandita colección e no eido da arte galega. Artistas xenuínos do noso territorio reúnense na mostra que poderemos visitar desde o 7 de maio ata o 27 de setembro, na Sede Fundación Caixa Galicia de Ferrol.


A Regueifa, un mundo de músicas galegas

Descarga música de balde na Regueifa



A Regueifa Plataforma é un netlabel sen ánimo de lucro dende o que todos aqueles creadores e creadoras que o desexen poden difundir, distribuir e amosar a súa obra libremente baixo licenza Copyleft.
Non importa o que fagas (música, videocreación, fotografía, poesía, pintura, banda deseñada, cinema...) nen como o fagas, se é dixitalizábel e queres difundilo na Rede a través do noso netlabel simplemente escrébenos a info@aregueifa.net.

7.5.09

Nova oferta de portugués no noso IES


O curso que ven o Departamento de Galego ofertará lingua portuguesa dentro das optativas e como 2ªlíngua estranxeira. En breve teremos máis información

Máis de 5.000 persoas apoian nas redes sociais a manifestación a prol do galego

07/05/2009 - Galiciaé

A Mesa Pola Normalización Lingüística confirmou que unhas 5.400 persoas se sumaron á manifestación promovida polo colectivo para o vindeiro 17 de maio en defensa do galego, a través das redes sociais Tuenti e Facebook.Ler máis

Ultima enquisa do uso do galego

Un 51,4% da sociedade asegura que utiliza de xeito frecuente a lingua propia fronte ao 29% que o fai só en castelán. Ser ou non ser? Galego ou castelán? Esa é a cuestión. E neste polémico tema do idioma, Lugo e Ourense son, por esta or­de, as provincia que rexistran un uso máis frecuente do gale­go fronte ó castelán, cunhas porcentaxes do 65,2 e 64,5%, res­pectivamnte, de poboación que emprega habitualmente a lingua materna para expresarse.Ler máis