21.11.09

O galego ante a lei

Interesantísima intervención da maxistrada Ana lópez Suevos falando do status xurídico do galego e a necesidade de avances.
">

10.11.09

A terceira experiencia audiovisual do SGEP , a curta "Por nada", segue conseguindo premios

A curta de ficción, “Por nada” sobre a violencia xuvenil e o ciberacoso (ciberbulling), dirixida por Toni veiga e Dani de la Torre sobre un guión do propio Toni Veiga e de Manolo Dios, presidente do Seminario Galego de Educación para a Paz, realizada por Ficción Producciones, ven de recibir, por unanimidade, o Premio ó mellor guión no prestixioso festival de curtas “OctubreCorto” en Pamplona.
Por nada, de aproximadamente 15 minutos de duración, contou co asesoramento do Seminario Galego de Educación para a Paz e ademais da súa propia valía cinematográfica, ben recoñecida nos festivais que logo se relacionan, foi distribuído gratuitamente a tódolos colexios e institutos de Galicia como material de traballo didáctico na nova materia de Educación para a Cidadanía e os Dereitos Humanos e, de maneira especial, para abordar co alumnado de Secundaria e cos pais e nais, a conflitividade e a convivencia escolar, así como as consecuencias negativas dunha educación permisiva e superprotectora.
Por nada é a terceira experiencia audiovisual do SGEP logo de “En son de paz” e de “Cultura de Paz”.
Os Premios recibidos ata a data pola curta “Por nada” son os seguintes:
Seleccionado no Curtas 09 para distribución internacional.
Premio do xurado no Festival de Cans.
Premio do público no Festival de Cine de Astorga.
Gran Premio Galicia no Curtocircuito.
Premio ó mellor guión no Festival de Cine "Octubrecorto".
Podedes ver unha entrevista cos guionistas, Toni Veiga e Manolo Dios. Para visionar o vídeo

9.11.09

Espazos para falar

A Coordinadora de Ferrol comeza coa actividade de campaña de animación á lectura, dirixido a nenos e nenas de 0 a 8 anos, así como a seus pais. Para máis información pincha aquí