19.12.09

Boas Festas para tod@s

11.12.09

Creación de Superhéroes Galegos

Centoloman xa é un cómic


Anímaste a crear un?

2.12.09

XVI XORNADA MULTIMEDIA INTERESCOLAR PONTE NAS ONDAS



O idioma é o tempo, é a voz dos avós A fala. Manuel María

Non ha morrer a fala que herdamos dos avós, e se un día morrer xa non seremos nós. Darío Xohán Cabana

A Asociación Cultural e Pedagóxica Ponte…nas ondas! convoca a
XVI edición da xornada multimedia de comunicación interescolar que terá
lugar no mes de abril de 2010 coincidindo co Congreso que sobre os 15 anos
de Ponte...nas ondas! se realizará nesa data.

Dende o ano 1995, Ponte...nas ondas!, a experiencia de comunicación que
se ergueu nas beiras do Miño, foi evolucionando e incorporando novas
aportacións, tanto nos seus contidos como nos seus formatos. Dende unha
primeira ponte, exclusivamente radiofónica, chegamos a esta XVI edición que
vai ser realizada a través de Internet con programas de audio e vídeo, nunha
xornada de comunicación que xirará arredor do tema:

O TESOURO DOS AVÓS

É evidente que os avós constitúen, na sociedade actual, o elo fundamental da
cadea de transmisión do patrimonio cultural que conforma a nosa identidade.
Ademais, o contacto interxeracional representa un modelo de convivencia
enriquecedor e beneficioso para a formación do alumnado.
Por iso, propomos ás escolas e institutos que constrúan unha ponte de
comunicación entre o alumnado e os seus avós: Queremos que descubran
os saberes que atesouran e que o reflictan nun programa audiovisual ou
radiofónico, valorando os seus coñecementos e fomentando as relacións entre
diferentes xeracións.
Isto permitirá, ademais da aprendizaxe, a recolla de expresións e
manifestacións deste patrimonio cultural como contos, lendas, cancións,
refráns, adiviñas, oficios, xogos, música, formas de vida, etc.
Deste xeito, dáse continuidade á proposta dos Tesouros Vivos, lanzada na
pasada edición de xuño de 2009, que promove a creación do Sistema dos
Tesouros Vivos da Eurorrexión Galiza-Norte de Portugal.

PARTICIPACIÓN :
Para formalizar a inscrición na XVI Xornada Multimedia Ponte...nas
ondas! do voso centro escolar enviade un correo electrónico coa ficha que se
acompaña cuberta antes do día 31 de decembro de 2009 a:

ondas@pontenasondas.org

Nome do centro_______________________________________________
Rúa:__________________________________________ Nº____________
Localidade______________CP_______Provincia_____________________
Correo-e do centro______________________________________________
Profesor/a responsable da actividade_______________________________
Correo-e da persoa responsable __________________________________

Unha vez inscrito, cada centro educativo realizará un programa, quer de radio ou de vídeo, sobre o tema “ O TESOURO DOS AVÓS”, que se propón para
esta edición. Os traballos serán enviados por correo electrónico antes do 19 de marzo de 2010.

Para participar, falade con Miguelanxo ou con Carmela