15.12.10

EN GALEGO DE PELÍCULA

A próxima semana comeza a ctividade organixada pola coordinadora de Ferrol EN GALEGO DE PELÍCULA. O instituto colabora con dita actividade; o luns día 20 o alumando de 1º de ESO asistirá á proxección da película "Cargo", e o martes día 21 asistirá o alumnado de 1º de Bacharelato coa película "O concursante".

28.10.10

REVISTA

26.10.10

LUSOFONÍA

25.10.10

OS VELLOS NON DEBEN NAMORARSE


A próxima semana asistiremos, en Narón, á representación teatral da obra de Castelao Os vellos non deben namorarse.
O martes, día 2, asistirá o alumnado de 3ª da ESO e 1ª bacharelato; o mércores, día 3, asistirá o alumnado de 4º da ESO e 2º de bacharelato.

24.10.10

TEATRO

Teatro g 2010
View more documents from cenlf.
">

20.10.10

TALLER DE ROCK


Como tódolos anos comezamos coa actividade do taller de rock, Funcionará nas horas de lecer e os xoves pola tarde ANÍMATE E PARTICIPA

6.10.10

CONCURSO CALENDARIO


CONCURSO PARA REALIZAR O CALENDARIO

Convócase un concurso para posteriormente realizar un calendario coas obras elixidas:

Obras presentadas: podedes presentar fotos, eslogan….
A temática será o teu entorno ou a lingua galega.
Data: A data límite de entrega será o 5 de novembro.
As obras poden entregarse a Consuelo ou Miguel Anxo.
Premios: A persoa gañadora recibirá un vale con valor de 20 euros

6.6.10

PREMIO POESÍA E IMAXE

Cartel do certame:


Como tódolos anos, o noso centro participou no concurso POESÍA E IMAXE organizado pola Coordinadora de Ferrol en colaboración co concello. Este ano unha das seleccionadas foi unha alumna do noso instituto. A inauguración foi o 31 de maio ás 19:00 no centro cultural Carbalho Calero.
Debuxo premiado presentado por Angela González Dopico (1ºESO Fernando esquío)
Título: Impermanencia



31.5.10

CELSO FERNÁNDEZ

O martes,día 1 de xuño, estará con nós o contacontos Celso Fernández. Asistirá o alumnado de 1ª da ESo e 1º BACHARELATO.

PAULA CARBALLEIRA


O luns 31 PAULA CARBALLEIRA falará sobre O LOBISHOME DE CANDEÁN ás 12,30 horas para os grupos de 3ºe 1º ESO

26.5.10

Teatro

O día 4 iremos ver a obra de teatro Palabra no tempo

25.5.10

A mocidade coa lingua 2010

Como outro ano máis, imos participar no festival musical "A mocidade coa lingua". Este ano temos a sorte de contar cun grupo do noso instituto NEDA YORK; así que estaremos todos alíanimando ó noso grupo e disfrutando da súa música e da dos demais grupos.

11.5.10

Uxío Novoneyra

UXÍO NOVONEYRA

LETANIA PARA GALICIA

10.5.10

UXÍO NOVONEYRA


UXÍO NOVONEYRA

O ano 2010 é adicado ó grande poeta Uxío Novoneyra. Nos seus poemas, Uxío Novoneyra reflicte o seu amor a Galicia, a súa cultura, a paisaxe e sobre todo a súa lingua, que consideraba o sinal de identidade do pobo galego. Da súa importante obra destacaremos Os Eidos, onde se perfila como un dos mellores poetas no tocante á paisaxística. O Courel será fonte permanente de inspiración.

“A fala é o único sitio onde seguen vivos os nosos antepasados”. “A nosa lingua é a nosa patria, aínda máis que o propio territorio”.


Letanía de Galicia


GALICIA digo eu ún di GALICIA
GALICIA decimos todos GALICIA
hast’os que calan din GALICIA
e saben sabemos

GALICIA da door chora á forza
GALICIA da tristura chora á forza
GALICIA do silencio calada á forza
GALICIA da fame emigrante á forza
GALICIA vendada cega á forza
GALICIA tapeada xorda á forza
GALICIA atrelada queda á forza

libre pra servir libre pra servir
libre para non ser libre para non ser
libre para morrer libre para morrer
libre para fuxir libre para fuxir

GALICIA labrega GALICIA nosa
GALICIA mariñeira GALICIA nosa
GALICIA obreira GALICIA nosa

GALICIA irmandiña
GALICIA viva inda
recóllote da TERRA estás mui fonda
recóllote do PUEBLO estás n`il toda
recóllote da HISTORIA estás borrosa

recóllote i érgote no verbo enteiro
no verbo verdadeiro que fala o pueblo
recóllote pros novos que vein con forza
pros que inda non marcou a malla d`argola
pros que saben que ti podes se outra cousa
pros que saben que o home pode ser outra cousa
pros que saben que o home pode ser outra cousa

sabemos que ti podes ser outra cousa
sabenmos que o home pode ser outra cousa
Se desexades ampliar a información, aquí tedes diferentes enlaces sobre Uxío Novoneyra

6.5.10

CORRELINGUA

O DÍA 7 DE MAIO PARTICIPAMOS NO CORRELINGUA CO ALUMNADO DE 1ª DA ESO. EN APOI DA NOSA LINGUA DESFILAREMOS POLAS RÚAS DE FERROL CANTANDO O NOSO HINO
A miña boca non se equivoca
Alimenta ao planetaboura polo ventoa lingua dos galegosnon se aguanta nos museos.Eu quero ir polo mundomais por un mundo diversoonde cada home pouseo poder do seu acento.
¡ Fala, non pares!¡ Fala, non cales!
A miña boca provocaa miña boca non se equivoca.
Un saúdo os antergos,marcharon lonxe da casa,cantaruxaron a eitona Arxentina e Alemaña.Agora é o noso tempo,o camiño nas entrañas,p'ra fecundar o planeta coa forza da palabra.
¡ Fala, non pares!¡ Fala, non cales!
A miña boca provocaa miña boca non se equivoca.
Son o xigante do consumismoe moito me molesta que sexades distintos.A diversidade non me vai a diferencia é un problemap'ra vender o que me peta sempre coa mesma etiqueta.Eu son o dono do mundo vouvos comer o futuro.xa papei moitas linguas dentro do meu bandullo.
¡ Fala, non cales !¡ Fala, non pares !.

26.2.10

Os ciberirmandiños

Milleiros de persoas colaboran desinteresadamente na galeguización de Internet


XOSÉ MANUEL PEREIRO 26/02/2010

Saben que a enciclopedia de referencia en Internet, a Wikipedia, ten en galego a décima parte dos artigos que en español, pese a que a porcentaxe de galegofalantes no mundo é 0,7% da de hispano falantes? Que hai aplicacións informáticas que se traducen antes ao noso idioma que ao francés ou ao alemán?.

Saben que a enciclopedia de referencia en Internet, a Wikipedia, ten en galego a décima parte dos artigos que en español, pese a que a porcentaxe de galegofalantes no mundo é 0,7% da de hispano falantes? Que hai aplicacións informáticas que se traducen antes ao noso idioma que ao francés ou ao alemán? Que tamén está traducida Facebook, a rede social que tende a ter tantos membros no mundo como usuarios de Internet, e na súa irmá emerxente, Twitter, o galego está entre os 20 idiomas máis usados? O idioma propio de Galicia ten unha presenza na Rede moito máis elevada que nos medios de difusión tradicionais, e todo iso non con subvencións oficiais, como reza o mantra neoliberal, senón grazas ao esforzo desinteresado de milleiros de persoas.

Todo comezou nunha época tan prehistórica en Internet como principios dos 90. Unha das primeiras asociacións, aínda vixente, é a Ciberirmandade da Fala, que fundou Camilo Regueiro. Daquela había 300 webs en galego (o ano anterior eran 95). Ao seu labor de tradución do software e difusión sumouse despois Galego21, un proxecto nucleado por Antón Méixome e Susana Sotelo e o autor do primeiro programa de tradución automática, Roberto Abalde, arxentino neto de galegos. Pero o crecemento exponencial deuse coa chamada web 2.0. A Internet aberta ao uso, e non só ao consumo, de calquera, con coñecementos de informática ou sen eles, e ao chamado traballo colaborativo.

A Galipedia, a Wikipedia en galego, tiña onte a mediodía 55.792 artigos. Entre os 272 idiomas que hai, está no posto 41º por número de artigos, por riba do hindi e do grego (o primeiro é o inglés, o segundo o alemán. O español está de oitavo, con 564.304, case empatado co portugués, e por detrás do polaco e o holandés). A Galipedia creouna en marzo de 2003 Ilvi, un internauta ao que nin sequera coñecen os administradores da Galipedia, que supoñen que é estadounidense. O primeiro usuario galego, Agremon (Antonio Gregorio Montes, un ribadense de 52 anos), rexistrouse en agosto dese ano. "Eu comezara a colaborar na Wikipedia en español, pero en canto vin aquilo, sumeime e fun metendo cousas ata que desde Wikipedia me propuxeron ser administrador", di Agremon, que agora sigue formando parte da ducia de administradores que coordinan a edición en galego. "Agora está en mans de xente máis nova", di este profesor de Física que anda a promover unha rede de páxinas científicas galegas. "O mellor foi coñecer xente con ánimos de facer cousas por Galicia, e o peor, os que se foron por desavinzas e os que se meten para desfacer o que fan outros".

Hoxe hai 17.000 usuarios rexistrados, aínda que non todos editan, pero tamén hai moitos que fan artigos de forma anónima. Entre uns e outros, van xa millón e medio de edicións. "Pode parecer fachendoso, pero a Galipedia ten máis calidade que as versións española ou portuguesa, pola sinxela razón de que é máis doado controlala. Retirar da Galipedia un artigo que aseguraba que en Curtis había tres lugares con nomes de Pokemon foi doado, abonda con ir ao nomenclátor. Retiralo da Wikipedia en inglés foi moito máis traballoso", argumenta Xabier Cid, un ourensán de 34 anos residente en Escocia. Outro dos administradores, Alberte Álvarez Gil, un veciño de Salceda de Caselas que estuda en Madrid, ten mesmo recollido no seu blog unha chea de esmendrellantes achegas que houbo que retirar. Non todos os vandalismos son divertidos. Álvarez Gil recoñece que non usa demasiado a Wikipedia en español desde que perdeu o tempo tentando corrixir -en van- Rianjo e tamén porque domina o inglés e algún idioma a maiores.

En Burdeos (Francia) vive Juan Lens, un arquitecto de 26 anos que foi dos primeiros en poñerse a traducir Facebook. "O máis interesante é que un grupo de tradutores amateurs estamos aprendendo o novo galego das tecnoloxías, e mesmo inventando sen medo usos como o de 'facerse seareiro de...' ou 'facerlle cóxegas a alguén'. Tamén teño visto castelanfalantes pechados que poñen o seu Facebook en galego e agradecen ver esas traducións que poderían ser controvertidas. A miña moza, que é polaca, hai unha semana cambiou o seu Facebook para o galego, e agora avísame das frases que hai sen traducir". Van 44.996 traducións entre Lens e o resto dos 172 tradutores activos, desde estudantes a profesionais como Fernando Ojea, director de Relacións Exteriores da CRTVG: "Foi o propio Facebook quen me invitou a traducir, non sei por que, e pareceume que era un bo xeito de espallar o galego polo mundo, elevándonos un pouco sobre o balbordo das nosas controversias lingüísticas cotiás. Probei e gustoume".

O altruísmo tamén o practican as empresas. Algueirada, sociedade de animación cultural, é o soporte de Blogaliza, a comunidade de blogs que agrupa e difunde 2.800 das 9.000 bitácoras que se estima existen en galego. Dálles hospedaxe, aplicacións e servizos de balde, incluído o de consulta técnica on line, un soporte certamente inhabitual. Todo, incluídos tres postos de traballo e tres colaboradores, sufrágase cos outros ingresos da empresa, sen axudas públicas. "Nunca as pedimos. A gran construción intelectual que é o software libre é unha economía de agasallo, que non é economía, pero si que o é. E na medida en que necesitamos axuda, a comunidade de blogs colabora, bota unha man etiquetando..." explica Pedro Silva, un vilagarcián de 37 anos que traballa a tempo completo en Blogaliza, onde se xuntaron esforzos voluntarios para realizar AchegArte, a feira cultural que substituíu ao Culturgal cando a Xunta non se fixo cargo.

Tamén A Navalla Suíza botou a andar hai un mes EuFalo.TV, que se define como "un documental colaborativo sobre a lingua e os falantes". Cento e pico de vídeos, gravados polos autores ou enviados pola xente, sobre qué se fala e por qué. Teñen 579 usuarios rexistrados, 2.230 fans en Facebook e levan 47.871 visitas dende o seu lanzamento. "Dende que nos xuntamos para montar a empresa tiñamos pensado que un proxecto ao ano fose propio e feito pola ben da comunidade", sinala o coordinador d'A Navalla, Berto Yáñez, un viveirense de 31 anos, que non zafa do debate de se facer as cousas de balde supón competencia desleal ou incide negativamente no emprego. "O importante é 'facer cousas', e facelas pola comunidade é crear riqueza, directa e indirectamente. Un exemplo claro é o software libre, todo ese traballo feito gratuitamente ao longo dos anos derivou en moreas de empregos", asegura. "As culturas colaborativas, capaces de crear riqueza dende a colaboración, progresarán. As que seguen un modelo medieval sostido na autosuficiencia, desaparecerán", di, máis categórico, Xabier Cid.

25.2.10

Música galega de toda á vida

¡ DIXITALIZA E COMPARTE !
A idea deste caderno é recuperar obras da nosa música galega, que foron quedando acurrunchadas polo paso do tempo en vellos vinilos, casetes, singles, EP's, etc. e que están agardando unha oportunidade para ser dixitalizadas e espalladas de novo.


A tele da Nasa




N
unhas semanas estará funcionando
RedeNasa.TV, o espazo dixital que derrubará -virtual e definitivamente- os muros da Sala Nasa. Estan preparando ducias de horas de vídeo, tanto material novo como de arquivo, e aquelando uns novos camarotes do máis confortable para tripulación e visitantes. Ficade atentos ás vosas pantallas.


A NASA é unha iniciativa privada, aberta e independente, impulsada polo grupo CHÉVERE e xestionada por artistas. A NASA leva funcionando con regularidade desde 1992 en Santiago. A NASA actúa como centro de recursos artísticos para os creadores locais. A NASA apoia a dinamización socio-cultural. A NASA fomenta a producción e exhibición de novas formas de espectáculos, sempre atentos ás novas expresións, ós creadores máis novos e ás propostas artísticas que non atopan canles para a súa difusión nos circuítos habituais. Teatro, cabaré, variedades, rock, folk, blues, flamenco, vídeo, exposicións, instalacións, performances, talleres. Unha tempada de programación estable de outubro a xuño. Produccións propias. Publicacións e edicións limitadas. Festivais. Documentación alternativa.

A 3 linguas

3.2.10

The best way to learn Galician

Concurso San Valentín

CONCURSO SAN VALENTÍN

Con motivo da celebración de San Valentín este mes de Febreiro Normalización convoca un concurso entre todo o alumnado.
Bases:
Tema: poderán presentarse poemas, ditos, frases de temática amorosa (en lingua galega).
Prazo: deberán entregarse antes do fin do mes de febreiro (entregar a Consuelo).
Premio:
-15 euros para material escolar.
Os traballos presentados poderán ser publicados na revista (Vaidaí) e no blog de Normalización.

Informe do Consello da Cultura sobre o decreto do galego

Ditame Ccg Bases Decreto
View more documents from cenlf.

">

20.1.10

Alegacións contra o decretazo

Don/ Dona…………………………………………. con DI……………………….. e domicilio en………………………………………………………………………………………………………….
En relación coas Bases para a elaboración do decreto de plurilingüísmo presentado publicamente a noite do 30 de decembro de 2009, presenta as seguintes

ALEGACIÓNS

O borrador de decreto presentando na noite do 30 decembro:

1) Non garante que os estudantes finalicen cada etapa educativa coas destrezas lingüísticas tamén en galego.- Todos os informes oficiais sinalan que hai un problema para conseguir que boa parte dos rapaces e das rapazas, sobre todo nas zonas urbanas, teñan fluidez comunicativa en galego. Diminuír a presenza da nosa lingua non fará máis que agravar a situación, vulnerando o dereito do alumnado a unha educación de calidade e pondo en perigo a pervivencia da nosa cultura.

2) É unha proposta feita de costas á sociedade galega.- O presidente da Xunta sabe que non conta con ningún consenso do profesorado, o estudantado, as familias e da sociedade en xeral para este decretazo. Por iso o presentou na véspera de fin de ano, a última hora do serán, e sen que existise ningún proceso previo de diálogo nin contraste.

3) Suporá enfrontamentos nos centros.- A Xunta fai deixadez das súas funcións e traslada o problema ao profesorado, ao estudantado e ás familias, que serán parcialmente consultadas (ben tendo en conta só o criterio da maioría, sen que se saiba que pasará coa minoría que se sinta perdedora; ben dando unha opinión cada catro anos, o que significa que uns pais darán a súa consideración sobre a educación das fillas e dos fillos doutros). A política lingüística e educativa non se pode limitar á opinión que poida ter a comunidade escolar, porque nos corresponde a todas as galegas e a todos os galegos. Hai que ter presentes criterios pedagóxicos e o dereito a unha educación en igualdade.

4) É unha burla á cidadanía cando di que se vai impartir un terzo das materias en inglés, cando sabe que iso é totalmente inviábel, e sen se preocupar do fracaso escolar.- O presidente da Xunta mente conscientemente cando fala de “plurilingüismo”, pois sabe que iso é imposíbel de aplicar. Só utiliza o inglés para camuflar propagandisticamente o ataque contra o galego. Na verdade, os departamento de inglés non teñen un reforzo real para mellorar a aprendizaxe desta lingua e mesmo se recortan os recursos para a formación do profesorado e se reduce o número de profesores/as das escolas oficiais de idiomas. O reforzo e mellora do ensino de inglés no sistema educativo galego debe facerse con máis profesorado específico, con máis recursos e con grupos máis reducidos

5) Vulnera leis básicas aprobadas por consenso e tratados internacionais de dereitos lingüísticos.- O decreto que o Goberno galego quere impor unilateralmente vulnera a letra e o espírito da Lei de normalización lingüística (arts. 12 e 13), así como da Carta europea de linguas rexionais ou minoritarias (art. 8). Un goberno serio, cívico e responsábel cumpre as leis e os tratados internacionais de dereitos humanos e de dereitos lingüísticos.

6) Porque é unha agresión á dignidade da nosa cultura que haxa un goberno da Xunta que ande ás patadas coa lingua propia do noso país.- Temos que erguer a nosa voz con claridade e exclamar que, independentemente do idioma que falemos no noso día a día, os galegos e as galegas amamos a nosa lingua propia e queremos que non haxa políticas para discriminala, senón ao contrario: que se promova nos diferentes ámbitos, garantindo a igualdade de dereitos.

Fronte á imposición unilateral de Alberto Núñez Feijóo, reclamo que se escoite a voz das comunidades educativas. O presidente da Xunta debería lembrar que o decreto aínda en vigor contou co respaldo dos sindicatos que representan ao 90% do profesorado, a inmensa maioría das ANPAs, todas as organizacións estudantís e todos os movementos de renovación pedagóxica con actuación en Galiza. O seu decreto contra o galego, ao contrario, non xera máis que rexeitamento e preocupación.

Por todo isto

SOLICITA

A aplicación real e efectiva do decreto 124/2007 e do Plan Xeral de Normalización Lingüística aprobado por consenso e unanimidade polo Parlamento Galego.



Asdo:

Don/ Dona




En ……………………….a.. de xaneiro de 2010

LOITEMOS CONTRA O DECRETAZO

POSICIONAMENTO DOS EQUIPOS DE NORMALIZACIÓN DE FERROLTERRA
NormalizacióN LingüíStica
View more documents from cenlf.
">

11.1.10