25.2.10

A tele da Nasa




N
unhas semanas estará funcionando
RedeNasa.TV, o espazo dixital que derrubará -virtual e definitivamente- os muros da Sala Nasa. Estan preparando ducias de horas de vídeo, tanto material novo como de arquivo, e aquelando uns novos camarotes do máis confortable para tripulación e visitantes. Ficade atentos ás vosas pantallas.


A NASA é unha iniciativa privada, aberta e independente, impulsada polo grupo CHÉVERE e xestionada por artistas. A NASA leva funcionando con regularidade desde 1992 en Santiago. A NASA actúa como centro de recursos artísticos para os creadores locais. A NASA apoia a dinamización socio-cultural. A NASA fomenta a producción e exhibición de novas formas de espectáculos, sempre atentos ás novas expresións, ós creadores máis novos e ás propostas artísticas que non atopan canles para a súa difusión nos circuítos habituais. Teatro, cabaré, variedades, rock, folk, blues, flamenco, vídeo, exposicións, instalacións, performances, talleres. Unha tempada de programación estable de outubro a xuño. Produccións propias. Publicacións e edicións limitadas. Festivais. Documentación alternativa.

Sem comentários: